As reclamacións ás cualificacións das avaliacións finais levaranse a cabo de acordo co disposto na normativa vixente para cada unha das ensinanzas impartidas no instituto:
- Secundaria: Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, nos artigos 39, 40 e 41.
- 1º Bacharelato: Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, nos artigos 40, 41 e 42.
- Formación profesional: Resolución do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023/24
- 2º Bacharelato: Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. Modelos orientativos.
- No caso de 2º de Bacharelato e pendentes de 1º de Bacharelato, o calendario de reclamacións na convocatoria ORDINARIA é o seguinte:
Convocatoria ordinaria 2º bacharelato Trámites e actuacións |
Prazo |
|
Revisión no centro |
Solicitude revisión no centro das cualificacións finais |
20 e 21 de maio de 2024 |
Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada |
Data límite: 22 de maio de 2024 |
|
Reclamación ante a Dirección Territorial |
Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial (se persiste o desacordo) |
23 e 24 de maio de 2024 |
Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Dirección Territorial |
Data límite: 24 de maio de 2024 |
|
Envío de expediente á Dirección Territorial (a través da sede electrónica) |
Data límite: 27 de maio de 2024 |
- No caso de 2º de Bacharelato e pendentes de 1º de Bacharelato, o calendario de reclamacións na convocatoria EXTRAORDINARIA é o seguinte:
Convocatoria extraordinaria 2º bacharelato Trámites e actuacións |
Prazo |
|
Revisión no centro |
Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais |
17 e 18 de xuño de 2024 |
Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada |
Data límite: 19 de xuño de 2024 |
|
Reclamación ante a Dirección Territorial |
Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial (se persiste o desacordo) |
20 e 21 de de xuño de 2024 |
Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Dirección Territorial |
Data límite: 21 de xuño de 2024 |
|
Envío de expediente á Dirección Territorial (a través da sede electrónica) |
Data límite: 24 de xuño de 2024 |