A historia da peregrina Exeria é unha desas historias inspiradoras que todo o mundo debería coñecer. Viviu no século IV d.C. e nesa época iniciou unha atrevida viaxe en solitario ata Terra Santa, Exipto e Mesopotamia. As súas impresións sobre o periplo, as paisaxes e as xentes que foi vendo durante meses recolleunas nun libro, o Itinerarium Egeriae.
En honor a esta curiosa e independente muller, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Illa de San Simón (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) en colaboración coa Biblioteca, convocamos conxuntamente un certame de microrrelatos e fotografía en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.
O prazo de presentación será do 6 ao 23 de abril de 2021.
Os traballos enviaranse ao enderezo electrónico: ednlfloriani@gmail.com
Consulta as bases do certame no adxunto.