Skip to Content

Taboleiro

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Folleto informativo para as familias Curso 2024-25

Os portátiles facilitados ó alumnado teñen un soporte técnico de xeito remoto durante as 24 horas do día, os 7 días da semana a través:

- Do teléfono 881 86 99 00

- De xeito remoto no correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

- Do WhatsApp no número 604 06 78 56

- Do Telegram na conta @Serviciopremiunedixgal

A maiores as familias  que o desexen poderán contratar un seguro anual que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía por un custe anual de 49€ (ver adxunto)

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO E CICLO BÁSICO

A xuntanza de inicio de curso coas familias do alumnado de Bacharelato e Ciclo Básico terá lugar o vindeiro luns día 28 de outubro de 2024, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato
  • 19:30 h. 1º e 2º de Ciclo Básico

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

CALENDARIO DE AVALACIÓNS CURSO 2024-25

SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Comunicámosvos que o vindeiro venres 18 de outubro ás 11:30, no salón de actos, procederase ao sorteo para a formación da Xunta electoral co motivo da renovación do Consello Escolar.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2024/25

Pódense consultar na Secretaría do centro as listaxes definitivas das axudas de material escolar para o vindeiro curso e na web https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

Continuarase entregando os vales a partir do 2 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 h na conserxería do instituto

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-25

O alumnado da ESO estudará con libros dixitais e un ordenador prestado polo centro do proxecto E-Dixgal.

Os contidos de todas as materias correspondentes á ESO estarán na plataforma virtual de aprendizaxe. Isto significa que non haberá que mercar libros. Poderán acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregarán na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través do programa que xa vai instalado no equipo.

1º BACHARELATO

 

 

INGLÉS (común)

 

Key To Bachillerato 2 Ed 1

Student´s Book LOMLOE Pack

 

Libro:

978-01-905-5160-5

Workbook:

978-01-948-3224-3

 

 

Inglés

FÍSICA Y QUÍMICA

Proyecto Construyendo Mundos

Editorial Santillana

978-84-680-6769-8

Castellano

 

ECONOMÍA

(Humanidades)

Economía

Autor: Andrés Cabrera  Bautista

Editorial: SM

Ano publicación: 2022
Non mercar ata iniciar o curso

 

 978-84-112-0217-6

 

 Castelán

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

(Humanidades)

Historia do mundo contemporáneo

1º bacharelato

Editorial: Vicens Vives

Ano publicación: 2017

 

978-84-682-8769-0

 

Galego

 

 

 

2º BACHARELATO

 

INGLÉS

Key To Bachillerato 2 Ed 2

Student´s Book LOMLOE Pack

 

Libro:

9780190551612

Workbook:

978-01-948-3236-6

 

Inglés

BIOLOXÍA

Bioloxía, Operación mundo

Editorial Anaya

978-84-143-2981-8

Galego

FÍSICA

Proyecto Construyendo Mundos

Editorial Santillana

978-84-144-0872-8

Castellano

QUÍMICA

Proyecto Construyendo Mundos

Editorial Santillana

987-84-144-0873-5

Castellano

 

HISTORIA DA ARTE

Historia del Arte

Autor: Triadó Tur y otros
Editorial: Vicens Vives
Ano publicación: 2016

Non obrigatorio

978-84-682-3580-6

978-84-682-5188-2

  Castelán

 Galego

 

EMPRESA E DESEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO

Empresa y Diseño de modelos de negocio

 Autor:Andrés Cabrera Bautista

Editorial: SM

 Ano publicación: 2023

 

978-84-985-6144-9

 

Castelán

  

CICLOS

CICLO MEDIO XESTION ADMINISTRATIVA

MP0156: INGLÉS PROFESIONAL

160 HORAS

McGraw-Hill Interamericana de España S.L

 

978-8448171308 LIBRO EN PAPEL

A edición en formato dixital non é válida

 

 

Inglés

CICLO SUPERIOR

ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

CÓDIGO MP0179: INGLÉS PROFESIONAL

160 HORA

 

McGraw-Hill Interamericana de España S.L.

978-8448175818 LIBRO EN PAPEL

 

A edición en formato dixital non é válida

Inglés

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 2º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 2º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANTECEDENTES

  1.  

    O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.

  2. O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.

 CONSIDERACIÓNS SOBRE O ERRO E SÚA EMENDA

  1.  

    Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 2º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:

  • Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
  • Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
  • Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).

A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.

 A Dirección do IES Pedro Floriani

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI               

ANTECEDENTES

  1. O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.
  2. O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.

CONSIDERACIÓNS SOBRE O ERRO E SÚA EMENDA

Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 1º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:

  • Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
  • Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
  • Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).
  • Admitir e asignarlle praza para 1º ESO no IES Pedro Floriani aos sete (7) primeiros/as alumnos/as da lista definitiva emendada.
  • Todo o alumnado que se encontraba admitido na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024 segue admitido e con praza asignada.
  • A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.

A Dirección do IES Pedro Floriani

Distribuir contido


by Dr. Radut