Skip to Content

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI               

ANTECEDENTES

  1. O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.
  2. O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.

CONSIDERACIÓNS SOBRE O ERRO E SÚA EMENDA

Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 1º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:

  • Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
  • Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
  • Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).
  • Admitir e asignarlle praza para 1º ESO no IES Pedro Floriani aos sete (7) primeiros/as alumnos/as da lista definitiva emendada.
  • Todo o alumnado que se encontraba admitido na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024 segue admitido e con praza asignada.
  • A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.

A Dirección do IES Pedro Floriani



page | by Dr. Radut