No caso de que o/a alumno/a estea matriculado/a nun centro adscrito ao IES Pedro Floriani deberán presentar a solicitude de reserva dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro no centro no que estean matriculados/as actualmente.
Instrucións para presentar a solicitude de admisión para o curso 2024-2025
Para solicitar praza para un/ha alumno/a matriculado/a nun centro que non estea adscrito ao IES Pedro Floriani, as familias deberán presentar o impreso de admisión do 1 ao 20 de marzo.
Deben ter en conta que no caso de que presentasen unha solicitude de reserva e non renunciasen no prazo correspondente (antes do 28 de febreiro), se no período de admisión (do 1 ao 20 de marzo) presentan unha solicitude de admisión para outro centro xerarase unha duplicidade de solicitudes.
No caso de que presentasen a renuncia en prazo (tanto dunha solicitude de reserva como doutra solicitude de admisión previa) deberán indicar no impreso da nova solicitude de admisión que renunciaron por escrito á reserva ou á admisión solicitada previamente.
O impreso pódese descargar dende os seguintes enlaces:
O impreso pódese presentar telemáticamente na sede do rexistro electrónico da Xunta no seguinte enlace:
MOI IMPORTANTE: Recorden que no impreso deben constar as sinaturas de todos os proxenitores/titores/acolledores do alumno/a. No caso de pais separados/divorciados deben constar as sinaturas dos dous proxenitores sempre que teñan os dous a patria potestade (independentemente do réxime de custodia do/a alumno/a).
O impreso tamén se pode presentar presencialmente na Secretaría do IES Pedro Floriani.
Co impreso de admisión deberán achegar:
- O Anexo II-bis que é a sinatura do outro proxenitor/titor/acolledor (inclúese ao final do impreso).
- Fotocopia do DNI do alumno/alumna e do DNI do/a proxenitor/titor/acolledor que conste como solicitante.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
- No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Poderán achegar o resto da documentación que se indica no impreso para demostrar os criterios de admisión alegados (no caso de que haxa que baremar por existir máis solicitudes que prazas dispoñibles).
Normativa onde se regula todo o procedemento de admisión para o curso 2024-2025
- Lei Orgánica 2/2006, do3 de maio, de Educación, no seu capítulo III "Escolarización en centros públicos e privados concertados".
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Prazo de presentación das solicitudes de reserva
- O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 15/01/2024 ata o 05/02/2024.
- Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro
Prazo de presentación das solicitudes de admisión
O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024.
Información importante sobre a presentación de solicitudes de admisión
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, solicitando ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente por escrito, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG 08/11/2022).
Criterio complementario do centro para fase de baremo
O criterio complementario do centro é:
- Por proxenitor/a, irmán/irmá antigo alumno do centro: 1 punto.
Este criterio complementario estáblecese de acordo co artigo 24 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022).
Curso | Modalidade | Vacantes |
1º ESO | 6 | |
2º ESO | 0 | |
3º ESO | 10 | |
4º ESO | 6 | |
1º Bac. | Artes | 12 |
1º Bac. | Ciencias e Tecnoloxía | 7 |
1º Bac. | Humanidades e Ciencias Sociais | 17 |
2º Bac. | Artes | 4 |
2º Bac. | Ciencias e Tecnoloxía | 7 |
2º Bac. | Humanidades e Ciencias Sociais | 8 |
Prazos do resto do proceso
- O prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de que haxa máis solicitudes de admisión que vacantes dispoñibles):10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
- Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
- Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
- Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
Centros adscritos ao IES Pedro Floriani
Centro adscrito |
Curso de adscrición |
CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro |
Solicitudes para 1º ESO |
CEIP Plurilingüe de Reboreda |
Solicitudes para 1º ESO |
CPI Curros Enríquez |
Solicitudes para 1º BACH |
IES Illa de San Simón |
Solicitudes para 1º BACH |
Zonificación do centro
Área de influencia:
A área de influencia ESO 4 está integrada polas parroquias de Cabeiro, Negros, Vilar de Infesta, Ventosela e Reboreda. O perímetro da mesma coincide cos límites exteriores do conxunto de parroquias.
Zonas limítrofes:
Son áreas limítrofes deste centro as áreas ESO 1 (parroquia de Redondela), ESO 2 (parroquias de Chapela e Trasmañó) e ESO 3 (Parroquias de Cedeira, Saxamonde, Quintela, Cesantes e OViso) e ás áreas de influencia correspondentes ás parroquias de Teis e Candeán do concello de Vigo.
O centro ofrece liñas de transporte nas áreas de influencia propias para os alumnos da ESO.
A matriculación neste centro implica respectar o proxecto educativo do centro vixente para cada ano académico.
Consulta de datos do proceso de admisión a través da aplicación admisionalumnado
Os/as alumnos/as e as súas familias poderán consultar na aplicaciónadmisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a seguinte información do proceso de admisión:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido
Para a consulta da citada información na aplicación admisionalumnado poderán acceder utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).