Alumnado de 1º ESO
Todo o alumnado dos centros adscritos CEIP Reboreda e CEIP Porto Cabeiro que presentou a reserva de praza para este centro en 1º ESO foi admitido no prazo de reserva (do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro).
O alumnado admitido para 1º ESO deberá presentar o impreso de matrícula do 24 de xuño ao 26 de xuño.
Alumnado de 1º Bacharelato modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e de Ciencias Sociais e Humanidades
O alumnado que solicitou a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía ou de Ciencias Sociais e Humanidades dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez non foi admitido no prazo de reserva xa que houbo máis solicitudes que prazas vacantes dispoñibles. Este alumnado terá que presentar unha nova solicitude de admisión no periodo de admisión do 1 ao 20 de marzo.
Coa solicitude de admisión xa poderán achegar toda aquela documentación que demostre os criterios de admisión alegados na solicitude para o baremo.
Alumnado de 1º Bacharelato na modalidade de Artes Plásticas e Deseño
O alumnado dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez que solicitaron reserva de praza na modalidade de Artes Plásticas e Deseño foi admitido no prazo de reserva.
O alumnado admitido para 1º Bacharelato de Artes Plásticas e Deseño deberá presentar o impreso de matrícula do 27 de xuño ao 1 de xullo.