Skip to Content

Inglés, Novas, Pendentes, Actividades, Ligazóns de interese, Programación

Teatro en inglés


 
  

A semana pasada, a maioría do alumnado do centro desprazouse ata Santiago para asistir á representación da obra de teatro "My English Friends".

A xornada resultou enormemente proveitosa xa que os rapaces o pasaron moi ben, fixeron algunhas compras e, en contra do que moitos pensaban, entenderon bastante ben os diálogos. A seguinte obra..., en London?

My English Friends

Aquí tedes o enlace ao texto da obra de teatro que veremos o xoves 15. Pode ter algunha pequena variación pero en xeral será moi similar ao que aquí queda:

My English Friends

Online dictionaries

Nestes dous enlaces podedes atopar dicionarios de inglés en liña gratis. No primeiro atoparedes o dicionario de Cambridge que vos axudará a traducir palabras e expresións do Inglés a Castelán e viceversa. Tamén, se poñedes na opción de THESAURUS encontraredes un dicionario de sinónimos, ou podedes optar por dicionarios de Inglés americano ou de expresións.

http://dictionary.cambridge.org/

Neste segundo enlace encontraredes un dicionario mais completo e específico. Trátase dun dicionario visual en liña. Espero que vos sexa útil.

http://visual.merriam-webster.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut