O alumnado con materias pendentes ten á súa disposición en E-Dixgal o calendario cas datas das probas e de entrega de tarefas. O material para preparar a materia (apuntamentos e boletíns) está accesible na mesma plataforma.
- O alumnado pode escoller entre facer unha proba por unidade ou unha proba por trimestre sobre as unidades correspondentes.
- As probas estarán elaboradas con preguntas do tipo das dos boletíns ou serán probas de informática baseadas nas prácticas propostas (de entrega obrigatoria).
- Os boletíns non se avalían, as prácticas de informática si.
- Se na media das avaliacións non se acada o 5, poderase recuperar a materia en maio, ben cunha proba global, ben cunha proba sobre as partes suspensas (unidades suspensas se se escolleu a modalidade de proba por unidade, trimestres completos en caso contrario).
- O alumnado obterá unha valoración positiva na materia se acada o 5 na media das avaliacións ou na media recalculada tralas recuperacións que fora necesario facer en maio.