Skip to Content

Inglés, Novas, Pendentes, Actividades, Ligazóns de interese, Programación

Getting ready for Carnival

Password Pantomime

María, profe de inglés de 2º e 4º and  whose generosity is limitless, comparte convosco o guión da obra de teatro que representaron no festival de nadal o 20 de decembro de 2019. 

Grazas tamén ao alumnado de 4º que ensaiou días e noites sen durmir para que esta obra saíse tan redonda (Obelix, can you stop eating?)

Enjoy it!!

 

Irregular Trap

Hi everyone,

desde o departamento de inglés estamos 100% convencidos de que aprender os verbos irregulares estaba entre as vosas "New Year´s resolutions". Os grupos de inglés de 2º e 4º déixanvos aquí este rap para poñérvolo máis doado.

So, you have no excuses now!

Irregular T-rap by Mary G. and The Students. 2019. [03:24]

 

 

Extra Time for Extra Help

Hello and welcome to the second term!

Como vos dixen na aula desde o comezo deste segundo trimestre e ata final de curso imos poñer un tempo extra para proporcionarvos unha axuda tamén extra coa materia de inglés aos alumnos de 1º e 3º ESO.

 

This is the timetable:

 

GROUP

DAY

1ºA

Mondays, segundo recreo

1ºB

Tuesdays, segundo recreo

3ºB

Wednesdays, segundo recreo

3ºA

Thursdays, segundo recreo

3ºPmar

Fridays, segundo recreo

 

Aproveitade esta oportunidade que vos ofrecemos para resolver dúbidas, cousas que non entendedes durante a clase ou que necesitades reforzar.

 

Go Eagle Rock Go!

Premios Big Challenge

O alumnado participante no concurso The Big Challenge acaba de recibir os seus premios pola participación no pasado mes de abril. Máis dunha trintena de alumnos e alumnas entre 2º e 4º de ESO tomaron parte nas probas de lingua, cultura, historia, deporte ou vocabulario sobre países de lingua inglesa.

Todas as persoas participantes foron agasalladas cun póster, un lapis e un diploma acreditativo do concurso. Ademais, cabe destacar positivamente a Noa Tedín de 2º de ESO que recibiu un certificado por ser a mellor alumna do seu nivel, Jéssica Blanco como mellor alumna participante en 3º de ESO e Helena Ameijeiras e Nerea Santos (ambas de 4º de ESO) por quedar entre as dez mellores da provincia da Coruña e ser as dúas mellores do seu nivel no IESP Pedra da Aguia. Congratulations teens!

Discursos de graduación

Good luck! Para poñer o broche final ao último curso de Secundaria, un grupo de alumnos e alumnas estiveron a mostrar a súa habilidade en lingua inglesa durante esta semana con cadanseus graduation speeches. Ademais de facer un repaso polas súas aventuras estudantís e sacar os seus sentimentos a relucir, o alumnado non cansou de dar as grazas a compañeiros/as, profesores/as e persoal do centro pola súa experiencia no IES Pedra da Aguia.

Dende o departamento de inglés queremos darvos as grazas e desexarvos moita sorte neses "novos camiños" que todos e todas estades a escoller. Don't say goodbye; see you soon!

Distribuir contido


by Dr. Radut