Skip to Content

Inglés, Novas, Pendentes, Actividades, Ligazóns de interese, Programación

Big Challenge 2019

Unha trintena de alumnos e alumnas entre 2º e 4º de ESO veñen de participar no concurso internacional The Big Challenge. Durante 45 minutos estiveron a desenvolver as súas capacidades en materia de vocabulario, gramática, deporte, historia ou cultura, entre outras. No mes de maio coñeceremos os resultados e os premios acadados para o alumnado do centro. Sorte a todos e todas!

8th March - #balanceforbetter

Co gallo da conmemoración do Día da muller traballadora, que se celebra o 8 de marzo, un grupo de rapaces e rapazas de 4º de ESO estiveron a traballar nun mural acerca de mulleres relevantes que fixeron historia, tales como a cantante galega Sés, a activista Malala, a científica Marie Curie, a deseñadora Coco Chanel, a investigadora Jane Goodall ou a atleta paralímpica Susana Rodríguez.

Baixo o lema #balanceforbetter co que este ano se trata de afondar na igualdade salarial entre homes e mulleres, o alumnado puxo en relevo o labor da muller en diversos eidos, tales como a matemática, a historia, a arte, a literatura, a música e, especialmente, a defensa dos dereitos das mulleres.

Contacontos inglés-galego

Na tarde do martes 18 de decembro celebramos unha actividade promovida polos departamentos de Inglés e Galego, na que dúas oradoras (Charo e Patricia) representaron versións innovadoras de contos tradicionais, tales como Barba Azul ou o rei Arturo.

Charo, narradora e escritora, e Patricia, actriz e narradora, ofreceron dúas sesións nas que dun xeito lúdico e dinámico, con historias bilingües en galego e inglés, permitiron aos rapaces combinar dúas linguas que están a aprender e dominar dentro dun mundo de fantasía.

Concurso The Big Challenge

O ano 2019 será o primeiro ano no que o IES Plurilingüe Pedra da Aguia participe no concurso internacional THE BIG CHALLENGE, un dos concursos de lingua inglesa máis importantes a nivel europeo.

O vindeiro 10 de abril de 2019, 41 alumnos do centro terán a opción de gañar premios de diversa índole e de entrar nas mellores clasificacións a nivel provincial e nacional. Para iso, terán que responder 45 preguntas tipo test sobre aspectos de cultura, lingua, gramática, vocabulario ou pronunciación.

Rubrics for the speaking test

A few modifications in the rubrics for the speaking test (3 & 4 courses ESO)

Teatro en inglés

O pasado 19 de xaneiro alumnos de 1º e 2º da ESO desprazáronse ata Santiago para ver a obra de teatro Sherlock Holmes.

O famoso detective inglés e o seu amigo, o doutor Watson, mostraron aos alumnos a súa intelixencia e habilidade para resolver casos difíciles.

Distribuir contido


by Dr. Radut