O luns día 28 de outubro, o alumnado dos Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento do noso centro (2º e 3ºESO PMAR), tiveron o privilexio de asistir á Libraría Moito Conto para disfrutar do encontro co autor JORDI SIERRA I FABRA. Este escritor, do que xa tiñan información previa polo traballado na aula, sorprendeun@s a tod@s -profesoras e alumnado- coa súa empatía, sabiduría, franqueza e experiencia.
Lembrounos o libro que o marcou El manantial, de Ayn Rand e tamén o importante que son para el e o seu traballo a paz, o amor, a honradez, o respecto e a esperanza.
Hai que lembrar que Sierra é un prolífico autor (máis de cincentos libros publicados) e corenta e un premios literarios conseguidos.
Grazas, Jordi, por transmitirnos tanto e tan ben.
Achegamos o enlace coas fotos do encontro