O alumnado do Club de Ciencia do IES de Pastoriza participou, este sábado 7 de maio no Parque de Santa Margarida da Coruña, na XXVI edición do Día da Ciencia na Rúa.
A nosa proposta integraba a profesores de 6 departamentos didácticos e a 30 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Por un lado, afondamos no estudo de materiais intelixentes, que son aqueles que posúen propiedades que poden ser modificadas de maneira controlada mediante estímulos externos. Por outra banda, presentamos unha casa na que a iluminación, o consumo de enerxía e a seguridade estaban xestionadas mediante domótica.
O obxectivo do día, que era mostrar todo o traballo feito nestos meses, foi acadado de forma sobresaínte polo alumnado, cunha participación entusiasta por parte do profesorado, da rapazada e do público visitante.
Desexando que chegue pronto o ano que ven e poder participar na XXVII edición do Día da Ciencia na Rúa!!!
Achegamos enlace ao album de fotos deste día.