Skip to Content

Videoconferencia do Club de Ciencia coa estación antártica Gabriel de Castilla

Ola científicos e científicas!

Hoxe, 18 de xaneiro, os rapaces e rapazas do Club de Ciencia, fixemos unha videoconferencia... ¡coa Antártida! 

Conectamos coa Base Gabriel de Castilla do Exército de Terra, situada en Illa Decepción (arquipélago das Illas Shetland do Sur). 

A XXXV Campaña Antártica ten como misións principais:

  • Manter a presenza de España no territorio antártico.
  • Proporcionar apoio loxístico á investigación científica.
  • Realizar proxectos de interese para o exército. 

A Campaña Antártica apoia ao Ministerio de Ciencia e Innovación e ao Comité Polar Español permitindo que investigadores/as españois e de outras nacionalidades, realicen o seu traballo en condicións óptimas. 

Mediante diversos proxectos, difúndese o traballo conxunto entre civís e militares coa finalidade común do desenvolvemento científico. 

 

Achegamos enlace ao álbum de fotos do evento.



page | by Dr. Radut