Skip to Content

25 N. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar esta efeméride, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso dirixido a todo o  alumnado. Para participar nel había que elaborar conversas en galego sobre micromachismos,simulando o formato de mensaxería característico de WhatsApp.

Esta actividade permitiulles identificar, reflexionar e, sobre todo, rexeitar moitas actitudes machistas que, por desgraza, aínda se manteñen na actualidade e malia que algunhas adoitan pasar desapercibidas; non por iso son inofensivas.

Houbo dúas gañadoras, unha alumna  de  1º ESO D  e  outra de 3º ESO B, ás que se lles fará entrega dos seus premios mañá.

Agradecemos inmensamente a colaboración de todo o alumnado participante nesta actividade, así como o seu o compromiso e concienciación, pois precisamos das novas xeracións nesta loita incesante contra a violencia de xénero.

Por último, lembrade que cada unha/un de nós podemos contribuír a eliminar diferentes tipos de violencia para convivir nunha cultura da paz.

 Achegamos unha foto do “Taboleiro da Lingua” cos traballos feitos polo alumnado do noso centro.



blog | by Dr. Radut