Skip to Content

Calendario para as eleccións ao consello escolar

Estimadas nais e pais:

Segundo Resolución do 20/setembro 2021 (DOG do 29/09/2021) que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:

·      As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 22 e 26 de novembro de 2021, sendo necesaria a constitución dunha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

·       O vindeiro mártes día 2 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do centro para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro.

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida consultade co centro educativo e intentaremos aclaralas. 

Un saúdo. 

O director.



page | by Dr. Radut