A actividade lectiva comezará o mércores 15 de setembro en horario habitual.
As listaxes PROVISIONAIS de asignación do alumnado por grupos estarán dispoñibles o mesmo día da incorporación do alumnado, que accederá ao centro por orde acompañado polos titores respectivos. Disporase de profesorado de garda suficiente para conducir ao alumnado aos seus grupos respectivos, tendo prioridade o alumnado transportado, que accederá directamente ao centro seguido á súa chegada.
NON é necesario consultar antes do día da presentación o grupo asignado a cada alumno.
A listaxe definitiva dos libros asignados a cada alumno publicarase no centro o 15 de setembro, e o repartos do mesmos farase progresivamente a partir da primeira semana de clase.
O centro está a elaborar os plans e protocolos segundo as instrucións recibidas polas Consellería de Educación: