Skip to Content

Estás preparado para empregar os teus coñecementos científicos para escapar dunha casa terrorífica onde estás secuestrado por un grupo de negacionistas?

Presentamos as actividades realizadas polo Club de Ciencia do IES de Pastoriza durante o curso 2020-21. Trátase dun escape room de contido científico con preguntas organizadas en dous niveis de dificultade. Serás capaz de resolvelo?

Escape room para primeiro ciclo

Escape room para segundo ciclo

 

No Club de Ciencia do IES de Pastoriza participan 12 rapazas e 15 rapaces de 2º a 4º da ESO e 7 profesores e profesoras pertencentes aos Departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química.



page | by Dr. Radut