Como xa sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Xela Arias. E con motivo desta conmemoración, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística organizan o concurso de lecturas compartidas "conXÉLAte", no que animamos a participar a toda a comunidade educativa.
Existen dúas modalidades de participación: unha dirixida ao alumnado e ás súas familias; e outra específica, para o persoal docente e non docente, na que vos convidamos a participar.
Para facelo, só teriades que enviarnos antes do 21 de maio un pequeno vídeo cunha lectura compartida (cos vosos pais, irmás, fillos, avoas, curmáns etc.) de textos da autora homenaxeada ao seguinte enderezo electrónico: equipo.normalizacion@iesdepastoriza.edu.es
Trátase dunha actividade voluntaria, mais haberá recompensa para as persoas gañadoras de cada modalidade.
Xuntamos o cartaz da actividade.
Un saúdo e grazas de antemán polo voso tempo!
O Equipo de Normalización Lingüística.