Skip to Content

Proceso de admisión de alumnos curso 2015-16

Normativa 

Prazas ofertadas para o curso 2015-16

1º da ESO- 48

2º da ESO- 40

3º da ESO- 26

4º da ESO- 39

 

Prazos

1.- Do 1 ao 15 de febreiro de 2015: Reserva de praza no centro de adscrición ( e do alumnado matriculado en cursos anteriores).

2.- O 1 de marzo: Publicación de prazas

3.- Do 1 ao 20 de marzo: Prazo de presentación da solicitude de admisión

  • Ten que facerse en impreso orixinal que se facilita en cada centro; podendo relacionarse ata 6 centros por orde de preferencia.

  • Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

  • No caso de que se presente máis dunha solicitude ou fóra de prazo, no se terá en conta ningunha delas, producíndose a escolarización do alumno ao final do proceso pola Comisión de Escolarización. 

4.- Do 24 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión (só nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares). 

5.- Antes do 25 de abril: Publicación dos listados provisionais de admitidos e excluídos, ordenados por orde de puntuación total obtida e na que consten as puntuacións asinadas por cada criterio. 

6.- Antes do 15 de maio : Publicación das listas definitivas de persoas admitidas e non admitidas. 

7.- Formalización da matrícula

- Prazo ordinario de matrícula: do 25 de xuño ata 10 de xullo. 

- Prazo extraordinario de matrícula: do 1 ao 10 de setembro

AdxuntoTamaño
Información general 2.pdf53.58 KB
Información general 3.pdf49.25 KB


page | by Dr. Radut