Velaquí as bases do sorteo da rifa de febreiro de 2015 para financiar a viaxe a Francia:
1- O premio é unha tarxeta agasallo de El Corte Inglés e comercios dependentes desta marca (Hipercor, Bricor, tendas outlet...) valorada en 200 €.
2- O sorteo será público e terá lugar o xoves 19 de febreiro de 2015 na aula de Usos Múltiples do IES de Pastoriza durante o segundo recreo (12:20-12:40).
3- Quen posúa o boleto gañador deberá presentarse no IES de Pastoriza nun prazo de 7 días desde a realización do sorteo, fixando como data límite o 26 de febreiro de 2015.
4- En caso de non aparecer o boleto gañador, o premio recaerá no alumno ou alumna que teña vendido a rifa premiada.