Radio Furoca xa é universitaria
Desde hai tres anos Radio Furoca mantén unha colaboración co Departamento de Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Colaboración que se plasma nos programas "Ventás ao mundo" e "O recuncho das linguas".
Agora damos un paso máis desde o “VIII Seminario Nacional de Atención educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación" invitouse á Radio Furoca á mesa de experiencias, baixo o título: "Radio Furoca: unha experiencia de diálogo e comunicación nun medio educativo".
Este Seminario realizarase os días 13 e 14 de decembro e está organizado polo Dr. Miguel Anxo Santos Rego, Coordinador do grupo de Investigación Esculca, do Departamento de Teoría da Educación e Pedagoxía Social, da Facultade de Ciencias da Educación.
Felicitamos a todos os que levan adiante Radio Furoca polo seu recoñecemento a nivel "universitario"