O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza participou na actividade do Correlingua que se celebrou o venres día 5 de maio. Nesta ocasión o lema foi "NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!
Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que convida a rapazada dos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.
A este acto acudiu o noso alumnado dos niveis de 3º de ESO e de 1º de BAC.
Queremos salientar o noso agradecemento ao Concello de Arteixo pola concesión da gratuidade do transporte para poder asistir a dita actividade. Mil grazas!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FOTO GRUPO.jpg | 51.48 KB |
FOTO PROFES.jpg | 27.04 KB |
FOTO 1.jpg | 42.18 KB |