ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Francés
Asistencia á obra de teatro "Le Malade imaginaire"
O alumnado que cursa 2ª Lingua estranxeira Francés de terceiro, cuarto de ESO e Bacharelato
asistiu á representación da obra "Le Malade imaginaire" na Coruña e en Santiago.
Parabéns ao alumnado que superou as probas DELF B1
Iria e Dani veñen de superar as probas "Delf Scolaire", correspondentes ao nivel B1 de Francés.Trátase dun diploma oficial e internacional expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, que acredita as competencias en lingua francesa, que cursaron no IES como 2ª lingua estranxeira, a maiores do Inglés.
Parabéns para os dous e os mellores desexos a nivel persoal e profesional nesta nova etapa das súas vidas, trala superación do 2º de Bacharelato no centro.
Asistencia a obra de Teatro "La Belle et la Bête"
![](/centros/iesortigueira/system/files/u6/20180302_131807%20%281%29.jpg)
Excursión a París
Neste curso 16-17 organizamos unha viaxe a parís para o alumnado de Francés. Nesta LIGAZÓN podes ver algunha imaxe.
Agradecemento e Parabéns a Sara Pajón Soto
Neste curso 2016-2017, contamos no centro coa presenza de Sara Pajón Soto, exalumna do IES de Ortigueira, que estivo a facer as prácticas do Master que a habilitará para o desempeño da docencia no Ensino Secundario. Desde o Departamento de Francés, e desde a dirección do centro en representación de toda a comunidade educativa, queremos agradecer a Sara, que ademais foi "Premio Extraordinario Fin de grao en Linguas e Literaturas Modernas", a súa boísima actitude e colaboración coas actividades docentes, desexándolle os maiores éxitos profesionais no futuro. Parabéns polo premio acadado!
![RSS - Francés Distribuir contido](/centros/iesortigueira/misc/feed.png)