ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Agradecemento e Parabéns a Sara Pajón Soto
Neste curso 2016-2017, contamos no centro coa presenza de Sara Pajón Soto, exalumna do IES de Ortigueira, que estivo a facer as prácticas do Master que a habilitará para o desempeño da docencia no Ensino Secundario. Desde o Departamento de Francés, e desde a dirección do centro en representación de toda a comunidade educativa, queremos agradecer a Sara, que ademais foi "Premio Extraordinario Fin de grao en Linguas e Literaturas Modernas", a súa boísima actitude e colaboración coas actividades docentes, desexándolle os maiores éxitos profesionais no futuro. Parabéns polo premio acadado!