Edición de Fotos, alumnos de 4º plástica

Algúns dos traballos realizados polo alumnado de 4º ESO de Plástica para a introdución á fotografía.

 

noelia

Magosto, 2015

14-15 MAGOSTO (5)

 

 

Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES

Os alumnos de 3º ESO participan na Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES que organiza o departamento de Ciencias Naturais e o de Orientación do centro. A charla e levada a cabo pola OCT (Oficina de coordinación de trasplantes  do Servizo Galego  de Saúde). A charla é impartida por Marta Álvarez da OCT e por Dolores  unha muller que foi transplantada de fígado fai 12 anos, e que ven a contar a súa experiencia  aos alumnos. 

14-15 CHARLA DOAZON (01)

Celebración do Día da biblioteca

14-15 dia da biblioteca (15) (Copiar)

Calendario dos exames extraordinarios de setembro, 2014

EXAMES CORRESPONDENTES Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO DO CURSO 2013-2014.

RECORDADE QUE NON HAI SERVIZO DE AUTOBÚS.

 

Calendario dos exames extraordinarios de setembro, 2014

[slideshare id=37554368&doc=calendarioexamessetembro2014-140731180619-phpapp01&type=d]

Club de Lectura. Festa de Remate

DÍA DE BEN E MARABILLA.DOZURA DE LETRAS E COMPLICIDADES


O martes 17 a paso de moita ilusión, indo do IES ao Recreo Cultural da Estrada, onde fomos marabillosamente recibidos, chegamos a golpe de calor e cos corazóns a cen para mergullarnos nas augas frescas da piscina e de seguido entre colegas demos conta dun xantar guapo e ben servido. Pola tarde logo do baño, tivemos contactos para traballarmos nunha enquisa-valoración dos CLUBES DE LECTURA deste curso 2014.Todo foi percorrendo entre amabilidades e pensamentos. Foi fermoso e iso demostra, así o fixemos notar, que a LECTURA é un facer fermoso, necesario e libre (vamos, porque che peta).Quen non le…non sabe o que perde, pero dentro do respecto…alá el ou alá ela.
Este ano pechamos con portas abertas as actividades e propostas dos nosos TRES CLUBES DE LECTURA do noso IES.Un adicado ao Teatro, outro á Narrativa e Poesía e o outro ao Cine.
Miremos aos tempos que virán e teñamos un lugar guapo e disposto para facer lectura de frescura que é algo cheo de esperanza, de liberdade, de amor, de complicidade. Todo ha ser 

Excursión a París, 2014

 

Correlingua 2014

2013-14 Excursión de 4º a Barcelona

 Abril, 2014 . Excursión a Zaragoza, Barcelona, Port Aventura e Delta do Ebro

Proxecto Comenius sobre o voluntariado

 O noso instituto leva xa dous anos traballando no proxecto Comenius LIVING TOGETHER-HELPING EACH OTHER sobre o voluntariado. Neste curso participamos en dous encontros.

 O primeiro encontro foi en Alemaña. Celebrouse en Würzburg entre o 24 e o 28 de outubro de 2013. As alumnas que participaron foron Tania, Paula, Erika e Saleta (4º ESO) acompañadas polas profesoras M. Jesús Lorenzana e Ana Mella. No encontro estas alumnas presentaron un traballo sobre a inmigración en Galicia  que fixeron en colabaoración cos compañeiros de curso e coa axuda de Maite a profesora de historia.

O segundo encontro  foi en Eslovaquia. Tivo lugar en Svidnik entre o 24 e o 28 de marzo. Os alumnos que acudiron foron Loli, María, Xana e Manuel Carballo acompañados polos profesores Touriño e Sandra. Os nosos alumnos presentaron un traballo sobre o que é para eles o  voluntariado. Para a realización do mesmo contaron coa colaboración do profesor de arte Jano e coa doutros compañeiros de curso.

Grazas a todos por facer posible este proxecto..

Pincha sobre a imaxe para ver o album completo

 

Conmemoración do Centenario de Nós

Conmemoración no IES Nº 1 da Estrada do centenario da primeira exposición na Coruña da exposición das láminas do libro NÓS de Castelao

 

 

 

 

Día da poesía, 2014

Actividade realizada no IES Nº 1 da Estrada para conmemorar o pasado 21 de Marzo o DÍA INTERNACIONAL DE POESÍA, está promovido polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do Centro, e como sempre, co alumnado como bandeira.

 

Animación sobre un cadro de Joan Miró

Un traballo realizado polo alumando de 1º ESO na matería de Plástica e 3º ESO na materia de Iniciación aos Médios Audiovisuais

 

ENTROIDO 2014

Semana da Tradición Oral

Novembro, 2013

Vídeo que recolle parte do realizado na xornada de remate das actividades da SEMANA DE TRADICIÓN ORAL.
Agredecemos, de paso, a colaboración de Quique e as pandereteiras de Tequexeteldre