Proxecto Comenius sobre o voluntariado

 O noso instituto leva xa dous anos traballando no proxecto Comenius LIVING TOGETHER-HELPING EACH OTHER sobre o voluntariado. Neste curso participamos en dous encontros.

 O primeiro encontro foi en Alemaña. Celebrouse en Würzburg entre o 24 e o 28 de outubro de 2013. As alumnas que participaron foron Tania, Paula, Erika e Saleta (4º ESO) acompañadas polas profesoras M. Jesús Lorenzana e Ana Mella. No encontro estas alumnas presentaron un traballo sobre a inmigración en Galicia  que fixeron en colabaoración cos compañeiros de curso e coa axuda de Maite a profesora de historia.

O segundo encontro  foi en Eslovaquia. Tivo lugar en Svidnik entre o 24 e o 28 de marzo. Os alumnos que acudiron foron Loli, María, Xana e Manuel Carballo acompañados polos profesores Touriño e Sandra. Os nosos alumnos presentaron un traballo sobre o que é para eles o  voluntariado. Para a realización do mesmo contaron coa colaboración do profesor de arte Jano e coa doutros compañeiros de curso.

Grazas a todos por facer posible este proxecto..

Pincha sobre a imaxe para ver o album completo

 

Pincha sobre a imaxe para ver o vídeo

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea. Esta publicación (comunicación) es responsabilidad exclusiva de su autor. La Comisión no es responsable del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.