Entroido 2018

17-18 entroido (45)

Día de Castelao

18 02 02 dia de castelao  (12)

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950). 

A Nosa Gran HIstoria Colectiva

ruth matilda anderson

 

 [...] que ela, a vida, non ten partes, senón lugares e rostros.

                          María Zambrano

 

O IES Nº 1 da Estrada proponvos unha actividade de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O venres, 24 de novembro, participamos os tres institutos da Estrada nunha concentración conxunta contra a violencia de xénero. O noso IES, que se sumara á campaña "En negro contra a violencia", colocou carteis en distintos lugares do centro e animou a toda a comunidade educativa a participar, traendo ese día una prenda negra. O día comezou coa chegada a Radio Estrada, onde dúas alumnas de 4º de ESO do noso IES leron o manifesto que elaboraran. Déixovos abaixo o enlace para que o vexades. Paga a pena ver como a conciencia prende na rapazada! Na concentración estaba previsto cantarmos todos xuntos una canción contra o maltrato, pero as condicións meteorolóxicas o impediron. Tras a concentración silenciosa, o alumnado do 2º ciclo acudiu á Academia de seguridade para escoitar una charla de Inés Vidal, profesora do IES Losada Diéguez con ampla formación no tema do maltrato á muller e no maltrato entre adolescentes. Tras proxectar uns vídeos, provocouse un interesante debate. Por outra banda, o alumnado do 1º ciclo desenvolveu no instituto diversos talleres de concienciación sobre a violencia machista: vídeos na biblio, xogo de rol, mensaxes con globos... En definitiva, foi un día intenso!

17-18 11 violencia de xenero  (9)

2017-18 Samaín

17-18 samain 019

Calendario escolar 2017-18 (definitivo)

calendario 17-18

DÍA NON LECTIVO

A Xefatura Territorial de Educación acaba de confirmarnos como DÍA NON LECTIVO o vindeiro 

LUNS, 30 DE ABRIL DE 2018

PRESENTACIÓN INICIAL DO PROFESORADO COAS FAMILIAS

MARTES 3 DE OUTUBRO

na bilbioteca do IES Nº 1

1° E.SO.O. ás 19:00 h.

2° E.SO.O. ás 19:30 h.

3° e 4° E.SO.O. ás 20:00 h.

HORARIO ATENCIÓN ÁS FAMILIAS - CURSO 2017/18

titorias 17-18

Inicio do curso 2018/2019

O curso comezará o luns 17 de setembro ás 10:45 horas, según o seguinte horario:

 

1º ESO 10:45
2º ESO 11:15
3º ESO 11:45
4º ESO 12:15

 

Ese día o servizo de transporte escolar fará as rutas no horario habitual, polo que:

  • Aquel alumnado que non poida achegarse ao instituto pola súa conta poderá facer uso do servizo de transporte escolar no horario habitual (chegada ao instituto ás 8:45).
  • A saída será ás 14:25, de acordo co horario habitual.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

As persoas interesadas poderán reclamar ata o martes 18 de xullo ás 12:00h.

Revista Viva, 2017

16-17 revista viva (17)

Fondo solidario de libros de texto

Aínda hai pais e nais que non presentaron a correspondente solicitude. Recordade que o prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 23 de xuño.

Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono do centro.

Folga no sector do transporte de viaxeiros

Estimadas familias:

Informamos da convocatoria dunha folga do transporte para os días 20 e 21 de xuño. Esta folga afecta ao transporte escolar.

O transporte escolar soe estar incluido dentro dos servizos mínimos. Sen embargo, non está garantido que se manteña o servizo para eses días (presenza de piquetes, conductores que non asumen estes servizos mínimos, etc.).

Polo tanto, e tendo en conta que gran parte do alumnado está inmerso na fase de avaliación final e debe presentarse a probas e exames que condicionarán as súas notas, solicitamos a súa colaboración para garantir que os seus fillos e fillas poidan presentarse a ditas probas.

Comunicado de Apoio ao IES GARCÍA BARROS

Tendo en conta o hackeo de varias contas do profesorado na rede corporativa da Xunta do IES Garcias Barros, o claustro do noso Centro manifesta o seu apoio e solidariedade cos compañeiros afectados

ABERTO PRAZO PARA SOLICITUDES DO FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL

 
 
 

Alumnos do 3º e 4º que participaron no campionato escolar

Alumnos do 3º e 4º que participaron no campionato escolar o pasado martes día 9 de maio

 

badmintong ies 2017

Correlingua, 2017

Un ano máis, no mes de maio, o día anterior ás Letras Galegas, acudimos á cita do CORRELINGUA na Estrada.

Enchéronse as rúas e as prazas de centos de nenas e nenos, mozas e mozos que   tinxiron de color e contaxiaron de entusiasmo a xente da vila que acabou participando dende a xanela ou a porta da casa, dende o comercio ou o banco da praza ou da beirarrúa,  deste acto festivo de afirmación da identidade e amor ao idioma.

Día de palabras, de pancartas, de poesía, de bandeiras, de músicas e gaitas, día de sorrisos, de globos xigantes de colores, de manifestos e desexos;  día soleado e cómplice para acompañar este acto simbólico de compromiso co país e coa lingua nun ambiente festivo e comunitario.

EN GALEGO SEN CANCELAS

EN GALEGO SEN LÍMITES

Eran os lemas dos actos deste ano,  aos que se uniu o alumnado e o profesorado do IES Nº1, o noso IES:

EN GALEGO SEMPRE

Parabéns!!! 

  

Listaxe definitva de alumnado - Admisión curso 2017/2018

admintidos

 

 

admintidos 2

 

 

 

admintidos 3