Calendario de admisión a ciclos formativos en centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

01

Erasmus 2016

Vídeo-conferencia cos nosos compañeiros portugueses sobre os nosos institutos

Os alumnos de 4PDC de ies n1 realizaron unha vídeo-conferencia cun IES de Braganza dentro do proxecto Linua linguae do progrma europeo Erasmus +-

 

programas internacionales

Festa das palabras, 2016

Celebramos a III Festa das Palabras o 26 de maio de 2016 no Teatro Principal. Noraboa aos galardoados e grazas as persoas que colaboraron na súa organización e realización, sen as que non sería posible levala a bo fin. 

 

15-16 festa das palabras  (88) (Copiar)

2015-16 Excursión ao Courel e Ribeira Sacra - Proxecto Terra

Dentro das actividades da materia de Paisaxe 1º ESO e a materia de Bioloxía de 4º participamosde maneira interdisciplinar dentro das actividades do Proxecto Terra no Intercambio Terretorial Courel - Ribeira Sacra o 26 e 27 de abril, 2016

 

16 04 26 courel 225

 

 

Obradoiro de Prevención de Violencia de Xénero

banner

 

Benvidxs a todxs chicxs!

Todos os alumnos de 2ºA, 2ºB e 2ºC están invitados a participar nesta actividade, que forma parte do taller de Prevención de Violencia de Xénero.  Esta idea xorde do desexo de refleixonar, máis alá dos 50 min de sesión, sobre todo o que imos  traballar nestas seis semanas.

Día de Rosalía, 2016

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Durante toda a semana o Centro organizou actividades para conmemorar a autora.

Para comezar, o Equipo da Biblioteca, en colaboración cos outros IES da Estrada, participa no concurso fotográfico baseado en textos da escritora, que se desenvolverá durante todo o mes de febreiro.

O martes 23 o alumnado de 1º ESO realizou unha ofrenda a Rosalía, no Panteón dos Galegos Ilustres, onde un grupiño de rapaces e rapazas interpretaron “Adiós ríos, adiós fontes”.

O mércores, xa no Centro, inauguramos a Mesa de Rosalía, cun menú rosaliano formado por versos, estrofas e libros da escritora.  O alumnado foi convidado a degustar o menú, recitando poemas de Rosalía.

Ese mesmo día un grupo de rapaces do noso IES colaborou na actividade organizada polo Concello en recoñecemento a Rosalía, e interpretaron no MOME o poema “Miña Santiña, miña Santasa”.

 

CONVOCATORIA - PROBA DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

GRAO MEDIO

Requisitos: Ter 17 anos ou cumprilos no ano 2016.

Presentar solicitude do Anexo I do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 4 ao 15 abril.

A data de realización é o 25 de maio.

GRAO SUPERIOR

 

Requisitos: Ter 19 anos ou cumprilos no ano 2016.

Presentar solicitude do Anexo II do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 15 ao 26 febreiro.

 

Entroido 2016

Felicidades a todos. Foi un gran festival. Cheo de frescura e orixinalidade, donde todos participáchedes cun comportamento excepcional. Sodes Grandes !!!

 

15-16 entroido (97)

Día Internacional da Paz, 2016

Os alumnos do instituto Número 1 conmemoraron o Día da Paz e da non violencia cun completo programa de actividades encamiñado a concienciar ao alumnado sobre a importancia deste tema. En concreto, este ano desde o centro quixemos denunciar dous graves problemas do mundo e da sociedade actual: os refuxiados e o acoso escolar. Unha das actividades principais da xornada foi a creación dunha cadea da paz no exterior do centro, rodeando a rotonda da Rúa dá Cultura. Ademais, léronse textos poéticos, houbo actuacións musicais e decoráronse paraguas con lemas e símbolos alusivos á paz. Finalmente, alumnos e profesores derrubaron o muro da guerra e levantaron o da paz.

 

 

 

 

15-16 fdia da paz  (14)

Erasmus + “Lingua linguae”.

Este curso continuamos coas actividades que comenzamos o ano pasado no marco do proxecto europeo Erasmus + “Lingua linguae”. O martes 15 de decembro alumnos de francés de 3º de ESO E DE 4º tiveron a  súa priemnira clase de conversación coa lectora de francés Césaire Clarence. Esta actividade  terá lugar tódolos martes ata o mes de maio. A actividade está financiada por OAPEE que é o organismo que nos concedeu o proxecto.

 

CALENDARIO EXAMES DE PENDENTES 2015-16

15-16 pendentes

Foliada de Nadal 2015

15-16 foliada nadal  (55)

Orienta 2015-16

O Departamento de Orientación do centro pon a vosa disposición o programa "Orienta 2015-2016", para axudarvos na vosa toma de decisión académicas e profesionais.

Este programa traballarase no centro coa orientadora pero tamén podedes descárgalo no teu ordenador da casa.

Para instalar o programa no teu ordenador en windows, descargate o arquivo, descomprimeo e entra na carpeta que executa o ficheiro "OrientaInternet...........exe".

 

De todos xeitos, se tes dúbidas, consulta coa orientadora.

Dirección en Internet:

  www.elorienta.com/numerounoestrada

  

 

 

 

Lecturas para Nadal

Dende o equipo da biblioteca do noso IES Nº1, queremos desexarvos boas festas e moita lectura.

Así en colaboración cos outros institutos da Estrada fixemos unha proposta de obras e películas co fin de facer un nadal máis emocionante.

Bo nadal

 

Fai clic neste enlace para ver as lecturas recomendadas

 

Contra a violencia de Xenero

Un ano máis, o noso IES sensibilízase ante un tema que constitúe xa unha verdadeira lacra na nosa sociedade; por iso realizamos unha serie de actividades que tratan denunciar situacións de violencia de xénero, así como concienciar a todo o alumnado da necesidade de loitar contra ese grave problema.

Velaí estamos todos e todas, unidos co resto dos institutos da Estrada, para manifestar a nosa repulsa ante as mortes que se produciron neste ano.

 

 

15-16 vilencia de xenero  (2)

Manifesto do IES Nº 1 contra a violencia de xénero

Que representa unha muller para ti?

Para algún babecos, muller significa:

Obxecto, cousa miña, da miña propiedade, escrava da casa, sexo débil, persoa á que se lle pode berrar, escrava sexual, estorbo…

Para nós, alumn@s do IES Nº1, muller significa:

Persoa e libre, pomba de luz.

Estrela e Sol, porque as mulleres brillamos con luz propia.

Piar, pedra angular, que terma de todo para que nada se derrumbe.

Nai, nai túa,miña…sen máis explicacións.

Forza impetuosa, loita sen tregua.

Intelixencia e sensibilidade, man a man.

Cariño e sorriso, sempre e mais despois.

MULLER…SIMPLEMENTE…MULLER!

Magosto, 2015

15-16 magosto  (51) (Copiar)

2015-16 Samaín

15-16 cabazas do samain  (21)

Inauguración Curso na Biblioteca

Comeza o curso un ano máis e, como non podía ser doutro xeito, a Biblioteca abre as súas portas para toda a comunidade educativa.

O xoves 1 de outubro abrimos simbolicamente, nun acto no que o escritor e ex-compañeiro David Otero nos agasallou cunha fermosa charla arredor da lectura, dos libros e das bibliotecas escolares. Ademais, o equipo da biblio aproveitou para recibir de maneira especial ao alumnado de 1º de ESO, a quen entregou os carnés e agasallou cun bonito.

Queda, por tanto, aberta a Biblio! Agardámosvos!

 

15-16 INAUGURACION BIBLIOTECA 109 (Copiar)

2015-16 Roteiro polo val do Vea

O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.

Como se movía a ponte colgante e canto nos picaron os fentos do castro!

Agradecemos a todos os que colaboraron con nós e nos permitiron gozar dun día tan fermoso.

15-16 iglesia de requian  (10) (Copiar)

 

CALENDARIO DE SETEMBRO

EXAMES – NOTAS – MATRÍCULA – LIBROS TEXTO

EXAMES E NOTAS

  • Os días martes 1 e mércores 2, de setembro, realizaranse as probas da convocatoria extraordinaria (calendario ao dorso)

  • O día venres 4 entrega de notas ás 10:30 h.

  • Recollida de sobre de matrícula en conserxería.

  • Os días 4 e 7 ( ata as 11 h) de setembro poderán presentarse as reclamacións.

  •  O día 7 resolución das reclamacións ás 12 horas.

NON haberá servizo de autobuses.

O calendario estará colgado na páxina WEB do centro e exposto no taboleiro de anuncios.