O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Durante toda a semana o Centro organizou actividades para conmemorar a autora.
Para comezar, o Equipo da Biblioteca, en colaboración cos outros IES da Estrada, participa no concurso fotográfico baseado en textos da escritora, que se desenvolverá durante todo o mes de febreiro.
O martes 23 o alumnado de 1º ESO realizou unha ofrenda a Rosalía, no Panteón dos Galegos Ilustres, onde un grupiño de rapaces e rapazas interpretaron “Adiós ríos, adiós fontes”.
O mércores, xa no Centro, inauguramos a Mesa de Rosalía, cun menú rosaliano formado por versos, estrofas e libros da escritora. O alumnado foi convidado a degustar o menú, recitando poemas de Rosalía.
Ese mesmo día un grupo de rapaces do noso IES colaborou na actividade organizada polo Concello en recoñecemento a Rosalía, e interpretaron no MOME o poema “Miña Santiña, miña Santasa”.
Finalmente, en todo o Instituto se colocaron paneis alusivos á autora, atrís espallados polo Centro con poemas de Rosalía e posits con versos, para lembrar a súa obra.