Actividades dentro do Centro
OUTRA VISITA DE JOAN MANUEL GISBERT
O alumnado de segundo de ESO tivo hoxe un encontro co escritor catalán Joan Manuel Gisbert, autor das lecturas obrigatorias deste primeiro trimestre: Escenarios fantásticos e Cinco cuentos sobre Velázquez.
O narrador, que xa nos visitara no curso pasado, conversou cos alumnos e escoitou os textos que estes escribiron a partir da lectura dos seus libros.
IMPROVISACIÓN TEATRAL
Hoxe, o alumnado de primeiro ciclo de Secundaria participou no salón de actos do instituto dun espectáculo de improvisación teatral a cargo do grupo de teatro Los Duguis. Os alumnos, que participaron de forma activa durante toda a función, prepararan o día anterior unhas frases sobre as que as tres actrices improvisaron o seu texto. Unha experiencia interesante.
Se queredes saber máis sobre a improvisación mirade o blogue de terceiro.
VISITA DE FERNANDO MARÍAS
Grazas ao Departamento de Lingua castelá e Literatura, onte contamos na Esperela coa visita do escritor, editor e guionista Fernando Marías. O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato lera dous dos seus libros: Zara y el librero de Bagdag e El silencio se mueve e tiña moito interese en coñecelo e en facerlle algunhas preguntas.
O autor falou con alumnado e profesorado da morte, da guerra, do medo e sobre todo do amor, que pode derrotar todo o anterior.
A visita resultou un éxito e todos quedamos con ganas
de probar a súa tortilla...
A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS - 10 DECEMBRO 2011 - LXIII ANIVERSARIO
CINE DOCUMENTAL EN ESPAZO CINEMA:
Que son os Dereitos Humanos ?
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS
Por fin puidemos admirar a marabilla de curta que fixeron os do EDLG, pon a pel de galiña!!!!!!
Noraboa a todos!!!
Máis información aquí: http://edelingua.blogspot.com/
CURTAMETRAXE | TOMAS FALSAS |
PROXECCIÓN da CURTAMETRAXE "NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS"
O vindeiro venres, día 2 de decembro, no 1º recreo, estrea mundial do filme Na oficina de obxectos perdidos, de Édelingua producións audiovisuais, realizada por Javier González Garrido e interpretada por Miriam Gudiña Esmorís e Damián España Vieito. Non faltes. Debido á pouca capacidade do Espazo cinema (60 butacas) farase un segundo pase no 2º recreo. |
RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Máis información en: http://edelingua.blogspot.com/
CRISPÍN D´OLOT EN MOSTEIRÓN !
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
ESPAZO CINEMA
ESPAZO CINEMA é un proxecto do IES O Mosteirón que xorde pola iniciativa do EDLG ao crearédelingua producións audiovisuais. ESPAZO CINEMA quere converterse nun foro alternativo á indiferenza, á preguiza, ao vandalismo, á intolerancia…
ESPAZO CINEMA ofrece cine, música, imaxe, palabras… ESPAZO CINEMA defende os ideais de xustiza, solidariedade, educación, respecto, liberdade… ESPAZO CINEMA quere darlle saída ás túas iniciativas culturais e artísticas. ESPAZO CINEMA SOMOS TODOS.
O 21 de novembro, ESPAZO CINEMA iniciou a súa programación coa proxección do filme O ente. Despois, durante toda a semana, teremos unha programación variada para loitar contra o maltrato ás mulleres.
|
JOAN MANUEL GISBERT
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »