Actividades dentro do Centro
O NOSO ALUMNADO REPRESENTA TEATRO CLÁSICO
O día 26 de marzo ,o grupo de 4º de ESO que cursa a materia de Cultura Clásica, ofreceunos como froito do seu traballo ao longo do trimestre ,a representación de dúas obras de teatro : a traxedia Antígona e a comedia Casina.
Estiveron ben de verdade . Parabéns. Pasámolo estupendamente véndoos actuar.
O CÓNDOR NAMORADO. UN CONTO EN CATRO IDIOMAS.
Neste curso as honras a Cupido fixéronse desde a Biblioteca. O día 12 de febreiro organizouse un acto no que participou practicamente todo o alumnado de Secundaria. O conto titulado O Cóndor namorado, foi lido en castelán, galego, inglés e francés.
Rematada esta actividade todo aquel que quixo participou no concurso de disfraces e comparsas. Este ano o primeiro premio levárono os de 1º Bach que se caracterizaron como os SIMPSONS.
LECTURA DE TEXTOS POLA PAZ
Léronse varios textos como alegato contra a violencia.
Señor Presidente, escríbolle esta carta, que quizais lerá se ten tempo. Acabo de recibir a miña documentación militar para marchar á guerra antes do mércores á noite. Señor Presidente, non a quero facer...
( fragmento da tradución do poema LE DESERTEUR DE BORIS VIAN)
ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA
Durante a semana da prensa houbo unha exposición no Instituto de moitas das publicacións periódicas existentes en Galicia.Ademais varios grupos de 1º e 2º de ESO fixeron os seus propios xornais e varios murais . Como nesta datas tamén se celebraba o día da muller traballadora, algunhas das aproximacións á prensa fixéronse atendendo ás noticias con protagonismo feminino.
VISITA DE ROSA ANEIROS AO NOSO CENTRO
A visita de Rosa Aneiros foi promovida polo Departamento de Galego e o ENDL . A escritora foi gañadora no 2009 do Premio Xerais e do premio de literatura xuvenil da Fundación Caixa Galicia. Estivo no Centro o 24 de xaneiro, falándonos da obra "Ás de bolboreta", lida polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.Un privilexio!
CHARLA PARA A PREVENCIÓN DA DROGADICCIÓN.
Os grupos de 1º e 2º da ESO recibiron ampla información sobre os riscos que poden ter as drogas. A charla organizada polo Departamento de Orientación foi impartida en horario de titoría por membros da Garda Civil.
CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
Durante os días 9,10 e 11 de decembro, organizouse desde a Biblioteca un conxunto de actividades para conmemorar a declaración dos dereitos humanos.
Os/as alumnos/as do noso Centro con orixe foránea lerons nas súas linguas orixinarias algún artigo da declaración dos dereitos humanos. O resultado foi un emotivo acto plurilingüe no que houbo unha asistencia masiva e no que se demostrou o fermosa que é a diversidade. Os dereitos de todos nas linguas de todos.
Tamén se celebrou un recital de poemas feitos polos alumnos do centro, con música en directo, sobre os Dereitos Humanos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »