Actividades dentro do Centro
CONTACONTOS INGLÉS- GALEGO
Hoxe o alumnado do centro asistiu á actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur. A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.
TEATRO A PROL DO COMERCIO XUSTO
O Concello de Sada posibilitou a representación no noso instituto da obra " Vaya Tela!" dentro da campaña " Consumo con sentido, concellos coruñeses co Comercio Xusto". Logo da representación houbo un pequeno espazo de reflexión sobre a necesidade do consumo responsable no que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS DE 1º E 2º DE ESO .
MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro "Masculino Singular". Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión. O alumnado de 3º preparou unha performance para expresar a nosa repulsa contra o maltrato.
CONCERTO DE PIANO
Hoxe no primeiro recreo recibimos a visita de Ander, un estudante de piano que nos ofreceu un concerto de piano con 3 pezas de J.S.Bach, F. Liszt e Schubert
OS ATRAPASOÑOS RETOMAN A SÚA ACTIVIDADE
Hoxe comezamos de novo a actividade dos Atrapasoños, o noso club de lectura. Foi unha grande satisfacción ter tanta asistencia neste novo encontro na biblioteca escolar. Na primeira sesión do curso o relato escollido foi o titulado "Once" de Sandra Cisneros, unha escritora, novelista e poeta estadounidense de ascendencia mexicana, moi coñecida polas súas obras A casa de Mango Street e Caramelo.
ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NESTE CURSO
Hoxe tivo lugar ,na biblioteca A Esperela, a última reunión dos membros do club de lectura Atrapasoños. Esta sesión pon fin neste curso a unha viaxe arredor de 24 lecturas que se realizaron nos recreos dos xoves . Ao alumnado participante entregóuselle en cada sesión un relato e un marcapáxinas . A experiencia pagou a pena , así que o ano que vén repetimos. AQUÍ pódese visitar o blog do club de lectura.
ALUMNADO DE CUARTO CONTA CONTOS PARA EDUCACIÓN DE INFANTIL
O Alumnado de 4º de ESO realizou unha actividade, promovida desde a Biblioteca escolar, consistente na asistencias ás clases de educación infantil para contar un conto. Ademais de ser enriquecedora, resultou un éxito. Aquí pódense ver fotos e un vídeo.
ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Neste último trimestre do curso, desde a Biblioteca A Esperela , véñense organizando varios encontros con exalumnos do noso centro que xa remataron os seus estudos. A actividade , dirixida ao alumnado de 4º de ESO, desenvolveuse nas horas de titoría .
OBRADOIRO DE XORNALISMO NO NOSO INSTITUTO
Hoxe, 5 de marzo, contamos na Esperela coa presenza do noso querido exalumno Pablo Díaz Bouza, xornalista graduado pola USC , que impartiu unha charla sobre a súa profesión e a influencia das noticias e dos medios de comunicación. Foi interesantísimo e un pracer escoitalo. Moitas grazas, Pablo!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »