ESO
TEATRO!!
O alumnado de primeiro e segundo de ESO foi hoxe ao Ágora para ver a obra teatral Kassa, da Compañía Elefante Elegante.
Se queredes máis información, mirade no blog do departamento:
DON QUIXOTE GASTRONÓMICO
O pasado venres 4 de decembro, o alumnado de primeiro ciclo gozou do teatro no Fórum Metropolitano: Don Quixote gastronómico.
Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é a Potaxe de vixilia... O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote se encarnarán no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo.
LECTURAS OBRIGATORIAS PARA O CURSO 2015/2016
O Departamento escolle as lecturas obrigatorias para o curso 2015/2016 coa seguinte distribución:
1º ESO- 1º trimeste: o alumnado escolle a súa lectura e fai unha exposición dela para a súa clase.
2º trimestre: Escollen dunha listaxe proposta polo profesor. Fan tamén a exposición oral e son avaliados polos seus compañeiros. No terceiro trimestre pode cambiar o criterio en función da evolución do grupo.
2º ESO- 1º trimestre: De todo corazón. 111 poemas de amor. Selección de José María Plaza.
2º trimestre: Escollen entre Las lágrimas de Shiva, de C. Mallorquí ou La Perla,de Steinbeck.
3º trimestre: Escollen entre Pic-Nic, de F. Arrabal ou Asamblea general, de Lauro Olmo ou Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura.
3º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Rebeldes, de Susan Hintonou La Ciudad de las Bestias, de Isabel Allende.
2º trimestre: Escollen entre La zapatera prodigiosa, de F. G. Lorca ou Los intereses creados, de J. Benavente.
3º trimestre: Escollen entre Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de P. Neruda ou Rimas, de Bécquer.
4º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Gato negro y otras narraciones extraordinarias, de Edgar Allan Poe ou El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger.
2º trimestre: Escollen entre Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza ou Cuentos de amor, locura y muerte, de H. Quiroga.
3º trimestre: Escollen entre Zara y el librero de Bagdag, de Fernando Marías ouLeyendas, de G. A. Béquer.
TEATRO PARA PRIMEIRO CICLO
O alumnado de primeiro ciclo disfrutou o venres 10 de abril do espectáculo "Heian" no Centro Ágora. "Heian" é unha proposta multidisciplinar onde música en vivo, danza acrobática e circo se fusionan para ofrecer ao espectador unha proposta cargada de forza e sensibilidade. "Heian" significa en xaponés Paz e Tranquilidade.
Ao remate da obra, o alumnado realizou unha visita guiada á biblioteca do Centro Ágora.
TEATRO PARA SEGUNDO CICLO
LECTURAS OBRIGATORIAS PARA O CURSO 2014/2015
O Departamento escolle as lecturas obrigatorias para o curso 2014/2015 coa seguinte distribución:
1º ESO- 1º trimeste: o alumnado escolle a súa lectura e fai unha exposición dela para a súa clase.
2º trimestre: Escollen dunha listaxe proposta polo profesor. Fan tamén a exposición oral e son avaliados polos seus compañeiros. No terceiro trimestre pode cambiar o criterio en función da evolución do grupo.
2º ESO- 1º trimestre: De todo corazón. 111 poemas de amor. Selección de José María Plaza.
2º trimestre: Escollen entre Las lágrimas de Shiva, de C. Mallorquí ou La Perla, de Steinbeck.
3º trimestre: Escollen entre Pic-Nic, de F. Arrabal ou Asamblea general, de Lauro Olmo ou Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura.
3º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Rebeldes, de Susan Hintonou La Ciudad de las Bestias, de Isabel Allende.
2º trimestre: Escollen entre La zapatera prodigiosa, de F. G. Lorca ou Los intereses creados, de J. Benavente.
3º trimestre: Escollen entre Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de P. Neruda ou Rimas, de Bécquer.
4º ESO- 1º trimestre: Escollen entre Gato negro y otras narraciones extraordinarias, de Edgar Allan Poe ou El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger.
2º trimestre: Escollen entre Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza ou Cuentos de amor, locura y muerte, de H. Quiroga.
3º trimestre: Escollen entre Zara y el librero de Bagdag, de Fernando Marías ou Leyendas, de G. A. Béquer.
O alumnado de PDC fará as mesmas lecturas que o grupo de referencia, ademais das escollidas en lingua galega ( no primeiro trimestre poderán escoller tamén entre as lecturas que non fixeron no curso anterior)
GENERACIÓN DEL 27
Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), o alumnado de segundo ciclo da ESO presenciou hoxe o espectáculo de Ricardo Frazer, "Generación del 27" na Casa da Cultura de Sada.
No espectáculo, e tendo como fío condutor a Salvador Dalí, Ricardo Frazer fai un repaso poético por algunhas das figuras máis destacadas vinculadas a esta xeración.
OBRADOIRO DE TEATRO NO SEGUNDO CICLO
O departamento de Lingua castelá e literatura organizou esta semana dous obradoiros teórico-prácticos de teatro no segundo ciclo da ESO. Para esta actividade contamos no Centro coa presenza do actor e profesor de teatro Ramiro Neira. Tedes máis información en www.circunstancialdelugar.blogspot.com
EL BUSCÓN
O alumnado de segundo ciclo da ESO tivo este venres a oportunidade de disfrutar da adaptación de El Buscón, de Francisco de Quevedo, que a compañía Arte Promociones presentou no Fórum Metropolitano.
"O Buscón don Pablos, que interpreta Jacobo Dicenta, é o pícaro español, adornado das virtudes e defectos dos que canto antes queren ver solucionada a súa existencia e se encontran, como agora, cos impedimentos derivados da súa baixa extracción social e da súa falta de educación e cultura".