FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (previa cita) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Non será recollida ningunha solicitude presentada presencialmente sen cita previa
CITA PPREVIA NO TLF: 881880949
SAÍDA SANTIAGO-MARÍN
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2023-2024
TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.
Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
CONCRECIÓN CURRICULAR DO IES O MOSTEIRÓN, 2021/22
Concreción curricular do centro, aprobada de acordo coa normativa vixente, en consonacia coa ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, aprobada polo claustro do profesorado o 16 de marzo de 2022 e informado o consello escolar o 20 de abril de 2022.
Trátase dos criterios de promoción, titulación e obtención de matrícula de honra para a ESO.
INFORMACIÓN FINAL DE CURSO. Circular informativa sobre as modificacións introducidas pola Orde de avaliación do 25 de xaneiro de 2022
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023
TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.
Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición no ámbito educativo.
A Xunta acaba de publicar a nova estratexia e control da SARS-COV-2 na etapa de transición en Galicia. Toda a información no Anexo que se adxunta.
Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación:Recomendación uso de máscaras nos patios dos centros educativos.
O submité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola Covid-19, vén de acordar na súa xuntanza , deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023
A solicitude será única e poderase presentar:
- preferentemente de forma electrónica
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- de xeito presencial na secretaría do IES
SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivo adxunto)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 21 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:00h e con cita previa)
- Do 1 ao 21 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23
O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.
Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »