Calendario fin de curso 2020-2021

Data    
23/06

 A partir das 14 horas podedes consultar as cualificacións na aplicación abalar móbil.

24/06
  • Entrega de notas e recollida de libros de texto, agás as materias suspensas.
  • Solicitude cita previa para aclaracións e reclamacións.
  • Devolucións de kit de conexión e equipos informáticos.
 Para 1º e 2º de 9:30 a 11:30 Para 3º e 4º  de 11:30 a 13:30
25/06
  • Atención do profesorado ás aclaracións solicitadas.
  • Presentacións de reclamacións.
  • Apertura do prazo de matrícula que remata o 10 de xullo (descarga de formulario)
28/06
  • Presentación de reclamacións
29/06
  • Resolución de reclamacións presentadas.

Nota:  - Para todas as xestións é preciso pedir cita previa.

         - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal.

CINEMA EN CURSO

16/06/2021 11:18
Africa/Addis Ababa

Publicamos o enlace para ver o making off das películas particantes en Cinema en Curso, onde o noso centro elaborou o filme titulado "Voces do tempo", sobre a historia do Centro educativo de Mosteirón.

https://vimeo.com/557936481

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 21-22

21/05/2021 18:03
Africa/Addis Ababa

 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 de maio de 2021 ao 22 de xuño de 2021 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e no arquivo adxunto, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (previa cita) o en calquera dos lugares e resistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non será recollida ningunha solicitude presentada presencialmente sen cita previa

CITA PPREVIA NO TLF: 881880949

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

EXTRACTO da Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2021-2022

14/05/2021 15:33
Europe/Madrid

TODAS AS  SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO

06/05/2021 10:17
Africa/Addis Ababa

O PASADO 2 DE MAIO CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR, PARA SENSIBILIZAR SOBRE ESTA PROBLEMÁTICA O ALUMNADO DO NOSO CENTRO REALIZOU DIFERENTES TRABALLOS EN RELACIÓN CON ESTE TEMA.

Celebración do Día Mundial da Saúde

07/04/2021 16:24
Africa/Addis Ababa

O noso centro celebrou o 7 de abril o Día Mundial da Saúde cun almorzo saudable para concienciar sobre a importancia da dieta nun bo mantemento da saúde.


Programa Iniciativa ARCO

Programa Iniciativa ARCO Curso 2020/21

Queres coñecer o noso centro?

16/02/2022
Europe/Madrid

O próximo 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión para alumnado de centros non adscritos.

QUERES COÑECER O NOSO CENTRO????

 

Podes visitalo entre o 21 de febreiro e o 21de marzo

Solicitude de cita previa a través do noso teléfono ou do noso correo electrónico:

 

881880949

ies.mosteiron@edu.xunta.gal

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2021-2022

01/03/2021 16:19
Africa/Addis Ababa

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2021-2022

A solicitude será única e poderase presentar:

  • preferentemente de forma electrónica

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • de xeito presencial na secretaría do IES

SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivo adxunto)

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

- Do 1 ao 22 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:00h).

- Do 1 ao 20 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

 

CONSULTAR ARQUIVOS ADXUNTOS.

Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23

22/02/2022
Europe/Madrid

O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.

Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.

Distribuir contido