Instrucións para a reserva de praza en centros adscritos. CURSO 24-25.
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes – Reserva – Crear
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Pódese descargar a solicitude no arquivo adxunto (en galego e en castelá).
Visita ao Parlamento de Galicia e á Xunta de Galicia
O 9 de xaneiro o alumando de 3º ESO visitou as Institucións do Parlamento de Galicia no Pazo do Hórreo e a Sede da Xunta de Galicia en San Caetano.
Patinaxe sobre xeo na Coruña....
Para celebrar o remate do primeiro trimestre e despois do esforzo feito por todo o alumnado... o 21 de decembro fomos desfrutar da patinaxe sobre xeo na pista instalada na praza de María Pita.
Digital Week-Peares 2023.
Na semana do 26 de novembro ao 2 de decembro, 22 alumnos/as de 4º ESO, acompañados da profesora da Sección Bilingüe de Física e Química, desfrutaron dunha inmersión lingüística en Inglés e afondaron en coñecementos relacionados coa creación de páxinas web, deseño 3D e robótica. Foi unha experiencia que lles fixo a tod@s saír da zona de confort pero da que troixeron vivencias inolvidables!!!
Festa de Magosto
Este luns día 30 de outubro pola tarde, terá lugar a festa do Magosto no noso centro. Para celebrar este evento faremos castañas asadas e unha actividade de Samaín organizada polo alumnado de 4º de ESO. Os cartos que se recaden con estas actividades destinaranse integramente á excursión de fin de curso de 4º.
Agradecemos de antemán a colaboración de toda a comunidade educativa.
Día de acollida familias-titores/as
O 25 de setembro terá lugar no noso centro o día de acollida para familias. Será as 18:00h para 1º e 2º de ESO, e as 18:30h para 3º e 4º. Agardámosvos a tod@as.
Digital Week
O IES O Mosteirón é un dos centros elixidos na resolución definitiva para participar no programa “Digitalweek” de inmersión lingüística en Inglés, que solicitamos para 4º ESO. Son 22 alumnos/as os que poden optar a realizar esta actividade durante unha semana de xeito totalmente gratuito no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares en Carballedo.
DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023/24.
Os días non lectivos elexidos polo centro e aprobados por inspección educativa para este curso escolar son o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024.
Entrega de Libros de texto e Vales de material para o curso 23-24.
Entrega de Libros e de Vales de material o Xoves día 7 de setembro no horario que se indica a continuación:
3º ESO |
10:30-12:00 h |
4º ESO |
12:00-13:30 h |
1º ESO |
16:30-18:00 h |
2º ESO |
18:00-19:30 h |
Nota: - A recollida de libros de texto e de Vales de Material debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada.
No caso de que algunha familia non poida pasar a recollelos no día e/ou hora marcada, poderá facelo o venres día 8 en horario de 10:00 h a 14:00 h ou ben o día do comezo das clases, luns 11 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 17:00 h.
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023/24.
Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »