PREMIOS PORTADA AXENDA ESCOLAR

19/06/2024 13:26
Europe/Madrid

No concurso de deseño da portada da axenda escolar para o curso 2024-2025 temos dúas ganadoras:

1º Premio: Gia Isabella Tovar del Papa -1º ESO B

2º Premio: Claudia García Suero - 4º ESO B

Noraboa as premiadas.

Datas de devolución dos libros de texto do Fondo Libros do curso 23-24.

14/06/2024 14:24
Europe/Madrid
19/06 mércores    

  1º e 2º da ESO de 17:00h a 19:00h     

20/06 xoves  3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 23/24 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 24/25. 

Semana da Saúde no IES O Mosteirón.

11/06/2024 22:52
Europe/Madrid

A semana do 3 ao 7 de xuño celebrouse no noso centro a "Semana  da Saúde". Todo o alumnado da materia de Proxecto Competencial, xunto coa súa profesora, María Cotelo, organizaron diferentes actividades: xogos nos recreos, podscasts, charlas sobre alimentación e drogas, froita gratis para fomentar hábitos saudables na alimentación, experimentos onde se amosaban os efectos do tabaco nos pulmóns, xogos de saúde mental e... moito máis... 

Resultou xenial!!! Moitas grazas pola organización. 

Convocatoria Becas NEAE curso 2024-2025.

11/06/2024 12:10
Europe/Madrid

Aberto o prazo para solicitar Becas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

As persoas interesadas deben presentar a solicitude na secretraría do centro. Máis información no seguinte enlace:  BECAS NEAE

VISITA LUCAS PÉREZ

04/06/2024 19:07
Europe/Madrid

O xogador do Deportivo da Coruña, Lucas Pérez, vista o noso centro e lembra tempos do seu paso polo mesmo coma alumno da ESO. Parabéns polo ascenso do equipo a 2ª División e moitas grazas pola visita. Esperamos que volvas o próximo curso a celebrar o ascenso a 1ª División.

LETRAS GALEGAS 2024 NO IES O MOSTEIRÓN

30/05/2024 22:46
Europe/Madrid

Así celebramos a semana das Letras Galegas no IES O Mosteirón: unha exposición sobre Luisa Villalta, actividades co alumnado e moitas cousas máis grazas ao traballo promovido desde o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca A Esperela. 

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025.

21/05/2024 11:56
Europe/Madrid

Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (de 9:30 a 14:00 h) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento.

OBRADOIRO FP

02/05/2024 19:00
Europe/Madrid

NO DÍA DE HOXE REALIZOUSE, CO ALUMNADO DE 4º DE ESO, UN OBRADOIRO PARA DAR A COÑECER A FP, A CARGO DE PROFESORADO DO CIFP FRAGA DO EUME, ONDE TAMÉN FIXERON UNHA EXHIBICIÓN, A CARGO DO GAÑADOR DO CONCURSO DE FP SKILL DO ANO PASADO.

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2024-2025

26/04/2024 12:42
Europe/Madrid

 

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

EXCURSIÓN A MADRID

23/04/2024 17:44
Europe/Madrid

A 3ª semana de abril o alumnado de 3º de ESO realizou unha viaxe a Madrid onde participaron dunha nutrida e variada oferta de actividades coma visitar o Escorial, Museo de CC Naturais, Museo do Prado, Musical Mama Mia, Parque Warner.... Unha pasada, vamos !!!!

Distribuir contido