Calendario fin de curso 22-23
23/06 Venres |
|
26/06 Luns |
|
27/06 Martes |
|
28/06 Mércores |
|
|
Datas de devolución dos libros de texto do Fondo Libros do curso 22-23.
19/06 luns | 1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h |
20/06 martes | 3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h |
Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada.
Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 22/23 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 23/24.
OBRADOIROS DO PROXECTO RESERVA DA BIOSFERA.
O noso alumnado participou nos distintos obradoiros levados a cabo pola Reserva da Biosfera. En 1º ESO o alumnado desfrutou no centro dun taller de papel. En 2º ESO o alumnado estivo aprendendo acerca do mundo dos fungos. En 3º ESO visitaron a vila de Betanzos e o seu Centro Internacional da Estampa e en 4º ESO fixeron un obradoiro no Castro onde diseñaron as súas propias pezas.
DESPEDIDA DA AUXILIAR DE CONVERSA.
O pasado mércores día 31 de maio despedimos á nosa auxiliar de conversa americana neste curso 2022/2023, Andrea Ochoa, que colaborou nas clases de Física e Química Bilingüe en Inglés. Ademais ensinounos o modo de vida e a cultura do seu país.
Desexámoslle o mellor nos seus plans futuros.
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento.
Convocatoria Becas NEAE curso 2023-2024.
Aberto o prazo para solicitar Becas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.
As persoas interesadas deben presentar a solicitude na secretraría do centro. Máis información no seguinte enlace: BECAS NEAE
Liñas de transporte e os mapas co percorrido.
Nos anexos tedes as tres liñas de transporte das que dispoñemos no IES O Mosteirón. Aparecen os mapas para visualizar os percorridos.
Así celebramos o día da Paz no Mosteirón...
O camiño que nos leva a acadar a Paz... así o fixemos no IES O Mosteirón. Grazas á colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual, ao Departamento de Tecnoloxía e a todo o alumnado participante.
Cartel Colaboración AACCEE Concello de Sada. Curso 22-23.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »