1º DÍA DA CIENCIA
Pequena feira científica organizada polo Club de Ciencias para mostrar ao alumnado de 1º, 2º e 3ºESO a labor e o traballo realizado polo alumnado do Club durante o curso 2023/2024
100% DE APROBADOS NA ABAU
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce felicita ao alumnado de 2º de bacharelato polos resultados acadados na ABAU. Desexámoslles boa sorte nesta nova traxectoria vital e profesional.
PARABÉNS!!!
CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"
O día 6 de xuño do 2024 o alumnado de 1º da ESO recibe unha charla co nome “Navega con rumbo” no que se explican os principais perigos do mal uso das redes sociais e internet, uso seguro de contrasinais, normas a seguir para un bo uso de internet.
EXPOSICIÓN LAPBOOK PROBLEMAS MEDIOAMBIETAIS
O alumnado de 2ºESO. Expoñeron na entrada do IES os seus traballos sobre problemas medioambientais. Os seus traballos explican , distintos danos como o deterioro da capa de ozono, o aumento de GEI e a relación co quencemento global e cambio climático, a choiva ácida ...
OBRADOIRO: CORRECTA SEPARACIÓN DE RESIDUOS
No marco do Día Mundial da Reciclaxe (17 de maio) e do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO asistiu a un obradoiro sobre a correcta separación dos residuos, impartido por unha colaboradora de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Neste taller, achegouse ao alumnado a importancia de clasificar os residuos antes de desbotalos, así e coma os diferentes colectores que teñen dispoñibles na súa contorna. Para finalizar a charla, visualizouse un breve documental sobre o uso que se lle dá á materia reciclada, transformando os residuos en enerxía.
I CONCURSO CARTEIS "DEFENSA DA LINGUA NO COMERCIO DE AS PONTES"
Este curso organizamos o primeiro concurso de carteis de defensa da lingua. Nesta edición centrámonos en promocionar o uso do galego nas actividades comericiais dos ponteses. Para realizar esta actividade , promovida polo Departamento de Normalizaciòn Lingüística e Departamento de Lingua Galega, o alumnado elaborou uns carteis no que debía aparecer un eslógan a favor da lingua, orixinal e creativo, ademais dunha imaxe atractiva. Unha vez reunido o xurado, resultou gañador o cartel elaborado por dous alumnas de 2º de ESO (Cristina Costa e Lara Ramil). Este cartel foi colocado polos comercios colaboradores polo alumnado do instituto. Todos os carteis están expostos no corredor da entrada do centro , dende a última semana de maio, xunto co gañador e o 2º clasificado feito por Sergio Jarel de 1º da Eso.
Noraboa aos gañadores e a seguir dándolle vida á lingua!
IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
O xoves 30 de maio tivo lugar esta IX Olimpíada de tradución organizada por la SEEC Galicia na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Antón de la Fuente Vivero y Loisla Romero Mateus, alumnos de 2º de Bacharelato, participaron nela: enfrontáronse a textos gregos de Xenofonte ou Apolodoro, e a textos latinos de Eutropio ou Fedro. Despois de utilizar as súas habilidades como mozos tradutores nestas probas, estamos á espera de recibir algún dos premios. Xa vos informaremos máis adiante.
ACOLLIDA ALUMNADO DE PRIMARIA
Os centros educativos de Educación Primaria de A Capela, As Somozas, Xermade e os centros de As Pontes, Santa María e A Magdalena participaron nas actividades de acollida que como cada curso organiza o Departamento de Orientación do IES Moncho Valcarce para facilitarlles a incorporación ao noso centro. Foron recibidos polos seus compañeiros e compañeiras de 1.º de ESO con un discurso de benvida e varias actuacións, seguidamente explicóuselles a dinámica do centro: oferta educativa, actividades extraescolares, etc. Un xogo de pistas fixo máis divertido o roteiro polas instalacións do Instituto. Remataron a visita cunha merenda saudable e compartindo o 2.º recreo co noso alumnado.
FORMACIÓN EN HIDRÓXENO RENOVABLE NO CETIM
As profesoras do departamento de FP Química do IES Moncho Valcarce recibiron o 24 de maio una formación no CETIM en compañía de membros da USC sobre o control de calidade na industria dos gases renovables . Deixámosvos este link para maior información.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »