CONCURSO DE CARETAS TRADICIONAIS DO ENTROIDO

 

 

Quereremos seguir sendo galegos e ter unha cultura propia. Con esta finalidade , O Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Debuxo, botamos a andar este curso o 1º concurso de caretas de Entroido co lema “  1º Concurso de caretas tradicionais de Galicia”.

Unha vez máis, os nosos alumnos mostraron interese en coñecere as caretas máis representativas do Entroido das diferentes comarcas galegas, ademais de demostraren ser moi habilidosos nos seus traballos, tal como podemos comprobar no resultado dos seus traballos expostos no taboleiro da entrada principal do instituto.

Noraboa aos gañadores e disfrutar moito do Entroido.

 

DILLO COA LINGUA

 

Chega o San Valentín e ,como todos temos un pequeno corazonciño, puxemos en marcha un ano máis dende a Biblioteca do instituto, o Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización lingüística  a convocatoria “Dillo coa lingua”. O noso  obxectivo é que toda a comunidade educativa exprese na nosa lingua os seus sentimentos de amor ou amizade en forma de carta e os faga chegar á persoa/s que máis estima. Ademais expoñemos no taboleiro  da entrada do instituto breves frases feitas polo alumnado  sobre o que significa o amor para eles. Aquí tamén colocamos a caixa de correos onde depositarán as súas cartas que logo repartiremos polo instituto á volta do Entroido, xa que este ano temos vacacións o día de S. Valentín.

Amor  e afecto para toda a nosa xentiña!

 

LA CHANDELEUR

 

O alumnado de todos os niveis baixou á entrada do centro durante a sesión de clase de francés e nalgún caso coincidindo con outras materias, para participar na elaboración e degustación das famosas “crêpes” francesas con motivo do día de “la chandeleur” que se celebra en Francia o 2 de febreiro.

Entendemos que se trata dunha actividade interesante para os alumnos de todos os niveis xa que fomenta a súa participación activa e  serve para dar a coñecer unha parte das tradicións francesas.

 

PROGRAMA DE SAÚDE RESPONSABLE

 

O programa de saúde pública  que se desenvolve na ESO é unha ferramenta que nos axuda a potenciar a competencia social  do noso alumnado. Este curso analizarase a importancia do grupo social , a pertenza a un grupo e os aspectos clave da presión de grupo. A convivencia é un dos factores primordiais para garantir unha boa competencia social e cívica. Formar parte dun grupo precisa coñecer o seu funcionamento para identificar os diferentes roles e poder expresarse sen ningún tipo de coacción evitando a presión do grupo.

VISITA Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 

O alumnado visitou a Universidade de Santiago realizando diferentes itinerarios segundo as súas preferencias. Recibiron información sobre as titulacións ofertadas e tamén visitaron a residencia universitaria Burgo das Nacións. Esta visita permitiulles ter un primeiro contacto coa vida universitaria.

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA: EXPOSICIÓN “MANDALAS POLA PAZ”

 

 

Co gallo da celebración do Día Internacional da Paz e Non Violencia (30-01-24) e por iniciativa do alumnado colaborador coa nosa biblioteca escolar elaborouse unha exposición baixo o título "Mandalas pola Paz". Pasade a visitala!!! Merece a pena!!! Grazas a tod@s por esta suxestiva aportación.

 

PROGRAMA INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS

 

O día 24 de xaneiro o alumnado de 2º Bac da materia de  TICs e o de 4º ESO da materia de dixitalización participaron no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

O programa consistiu nun obradoiro dinámico impartido por un especialista de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e no que o alumnado participou de forma activa.

Este obradoiro tiña como obxectivo xeral capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

OBRADOIRO ADOS (DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE)

 

Durante a mañá deste luns 15 de xaneiro, recibimos a visita de Álvaro Nieto, coordinador hospitalario de transplantes, o cal realizou un obradoiro sobre os transplantes, explicando conceptos coma a súa importancia, os criterios de inclusión ou o lugar de España no ranking de transplantes mundial. Posteriormente Abelardo Sánchez, colaborador da Coordinación Autonómica de Transplantes e presidente da asociación “AIRIÑOS”, contou a súa experiencia persoal coma transplantado, e o que supuxo para a súa vida a doazón altruista que recibiu.

 

OBRADOIRO QUÉROTE+

 

O  obradoiro de Educación Afectivo sexual axuda ao alumnado a coñecerse a si mesmo e descubrir as necesidades propias e alleas que favorezan o desenvolvemento afectivo sexual libre de estereotipos e baseado no respecto e consentimento mutuo. É preciso acompañar aos rapaces e rapazas no seu proceso de crecemento afectivo-sexual  para que acaden relacións empáticas , respectuosas e seguras.

Distribuir contido