Reserva de praza/Matrícula

Prazo de admisión e matrícula

Prazo de solicitude de admisión para cursar ESO e bacharelato o próximo curso 2024-2025

Do venres 1 ao mércores 20 de marzo de 2024, ambos inclusive

Admisión e matrícula

 

Admisión de alumnado 2024-2025

Proceso de admisión e matrícula de alumnado de ESO e bacharelato para o próximo curso 2024-2025

Non ten que facer ningún trámite de admisión o seguinte alumnado (xa ten reservada praza):

- O alumnado do propio IES Moncho Valcarce.

- O alumnado de 6.º curso de Educación primaria dos centros adscritos ao IES Moncho Valcarce (se reservou praza para o IES Moncho Valcarce en xaneiro-febreiro):

    • CEIP Plurilingüe A Magdalena (As Pontes).
    • CEIP Plurilingüe Santa María (As Pontes).
    • CEIP O Marbán (As Somozas).
    • CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

- O de 4.º ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz (se reservou praza para 1.º bacharelato no IES Moncho Valcarce en xaneiro-febreiro).

 

 Presentación de solicitudes de admisión

- Alumnado non adscrito ao IES Moncho Valcarce que queira cursar:

                - 1.º, 2.º, 3.º ou 4.º ESO.

                - 1.º ou 2.º bacharelato (modalidades de Ciencias e tecnoloxía e de Humanidades e ciencias sociais).

- Prazo: do venres 1-marzo-2024 ata o mércores 20-marzo-2024, ambos inclusive.

- Presentarase unha única solicitude de admisión na secretaría do IES Moncho Valcarce.

 

Quen non presente a solicitude neste período deberá facelo polo procedemento de escolarización extraordinaria (Inspección Educativa de Ferrol)

 

Horario de atención ao público (secretaría do Instituto): de luns a venres, de 08.30 a 14.10 h. Teléfono 881 93 00 56.

Impreso de solicitude: Anexo II da Orde do 12-3-2013.

Achegar copia do DNI da alumna ou do alumno solicitante

 

Resolución provisional e definitiva de alumnado admitido e non admitido

 - As listas provisionais do alumnado admitido e non admitido publicaranse antes do xoves 25 de abril de 2024.

Poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar do centro no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 - As listas definitivas de alumnado admitido e non admitido publicaranse antes do mércores 15 de maio de 2024.

Poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Normativa aplicable

DOG 26-12-2012. Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

DOG 15-3-2013. Orde do 12-3-2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

DOG 1-2-2017. Orde do 25-1-2017 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Formalización da matrícula polo alumnado admitido

Do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024 (asignaranse días a cada nivel).

 

 

Anexo II (impreso de solicitude de admisión)

Calendario admisión 2021-2022 e postos escolares vacantes 1-3-2021

Decreto 13-2022 admisión alumnado ESO e bac (DOG 11-2-2022)

Orde do 18-12-2020 modificación prazos admisión (DOG 22-12-2020)

Orde do 12-3-2013 sobre admisión de alumnado (DOG 15-3-2013)

Orde do 25-1-2017 que modifica a Orde do 12-3-2013 (DOG 1-2-2017)

Distribuir contido