RUTA DO AZÚMARA
O día 8 de abril o alumnado de 1º de ESO realizou un percorrido polos lugares máis emblemáticos e singulares de Lugo e a súa bisbarra. o alumnado tivo a oportunidade de visitar o Castro de Viladonga e o seu museo, despois achegáronse á vila de castro de rei apreciando a súa muralla medieval, continuaron co percorrido de dous km pola muralla romana de Lugo e finalizaron coa visita á Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei.
AS PONTES, TERRA DE COGUMELO
Durante a mañá do mércores 3 de abril, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha andaina micolóxica polo Monte do Forgoselo, acompañados por dous expertos (Miño Guerreiro e Helio Baamonde) no reino fungi, pertencentes á Agrupación Micolóxica Poupariña. Durante a actividade, o alumnado adentrouse no reino fungi, aprendendo a identificar as principais características dos fungos e cogumelos, así como as especies máis características que poden atopar na súa contorna nestas datas. Esta saída é a primeira dun programa que finalizará o vindeiro curso, con outra andaina en outono, permitindo así ao alumnado comparar a diferencia de especies en función da climatoloxía. Agradecemos á asociación que contasen con nós para intoducirnos neste mundo tan diverso e importante que, moitas veces, pasa desapercibido.
QUÉ É ISO DA FÍSICA DE PARTÍCULAS?
O alumnado de 1ºBACH e 2ºBACH ( alumnado de Física) participaron, nunha charla sobre fisica de partículas , impartida por investigadores do IGFAE, na mañá do venres 2 de abril .
O alumnado de 2ºBACH estase a iniciar no estudio da física de partículas , con este tipo de actividades achegase de primeira man o coñecemento das investigacións e campos de traballo que estanse a realizar na actualidade no CERN e outros centros de investigación. Ademais reciben contidos sobre as partículas que constitúen a materia de man de investigadores especializados na materia. Ditos contidos son propios do curriculum de 2ºBACH.
CHARLA SOBRE RADIOACTIVIDADE
O alumnado de 2º ESO participou, nunha charla sobre radioactividade , impartida por investigadores do IGFAE, en dúas sesións ao longo da mañá do venres 2 de abril . O devandito alumnado estase a iniciar no estudio da física e química e con este tipo de actividades achegase a importancia destas ciencias na sociedade , poden valorar as aportacións da ciencia na vida das persoas e no avance social dende un punto de vista non tan académico como se fai na aula. Nesta visita ademais poden valorar a importancia da innovación en distintos ambitos: enerxía, transporte, medicina , etc...
VISITA AO MUNCYT E Á TORRE DE HÉRCULES
O día 22 de marzo do 2024 o alumnado de 1º ESO fixo unha visita ao museo de ciencia e tecnoloxía (Muncyt) de a Coruña onde fixemos unha visita guiada polas salas máis importantes do mesmo coñecendo como era o antigo faro da Torre de Hércules ou o primeiro ordenador que se usou, que nos asombrou polo seu tamaño. Tamén participaron nun taller que serviu de toma de contacto coa electricidade.
Despois visitamos os arredores da Torre de Hércules para facer uns retos, que consistían en buscar unhas esculturas e contestar a unhas preguntas sobre as mesmas, e describir a flora e fauna que se avistaba no entorno do emblemático faro.
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA
Durante o día 19 o noso alumnado puido disfrutar dun taller de papiroflexia a cargo de Teresa Otero, docente xubilada de matemáticas. O noso alumnado sumerxiuse no mundo do papel, onde cada doblez e cada ángulo é unha lección de matemáticas. Descubriron a beleza das simetrías, exploraron as propiedades dos polígonos e enfrontáronse ao reto de visualizar formas a través dun simple cadrado de papel. O taller fomentou a creatividade e a destreza mental de todos os que alí estiveron.
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL
A asociación SEDRA ( Federación de planificación familiar) realiza programas de sensibilización, formación e acompañamento en sexualidade e saúde sexual para a mocidade.Este obradoiro trata a prevención da violencia dixital de xénero. É necesario que o alumnado descubra a realidade que se esconde detrás das novas tecnoloxías e os perigos e delitos nos que pode incurrir. O alumnado precisa formación e asesoramento en saúde sexual integral para exercer con autonomía a súa vida sexual e reprodutiva.
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala. Neste sentido, o noso alumnado creou diversos poemas, uns vangardistas e outros máis tradicionais, para achegarse a ela de forma creativa e divertida. Se vos gusta escribir, non deixedes de expresarvos con poemas!
PALITROQUES
No día 14 de Marzo, o departamento de matemáticas, en colaboración do clube de ciencias, trouxo ao centro o taller de palitroques. Como celebración do día das matemáticas, o noso alumnado de 2ºEso puido disfrutar dunha visión máis cercana da xeometría, creando distintas construcións en tres dimensións, desde pirámides, prismas, arcos ata cúpulas xeodésicas.
SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Durante a semana do 11 ao 15 de Marzo a comunidade educativa do Ies Moncho Valcarce puido contemplar nos corredores do centro distintos cartaces con información relevante das matemáticas e a súa aplicación á vida diaria, así como unha exposición de xogos de lóxica. A maiores o alumnado dos distintos cursos tamén axudou a crear infografías de matemáticos famosos ao longo da historia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »