Benvida á web do IES Moncho Valcarce
Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce
Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Teléfono 881 93 00 55 – Fax 881 93 00 64 – ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal
Horario de atención ao público: 08:30 - 14:10 h - Teléfono de secretaría: 881 93 00 56
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Calendario de exames de materias pendentes da 1ª AVALIACIÓN
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Eleccións ao consello escolar 2024
- Renovación de postos de representantes de profesorado (6), persoal de administración e servizos (1), alumnado (3) e nais, pais e persoas titoras do alumnado (1).
- Período de presentación de candidaturas: do martes 5 ao luns 11-novembro-2024, ambos inclusive (de 08:30 a 14:10 h, oficina de administración).
- Impreso de presentación de candidaturas.
- Día das votacións dos 4 sectores: mércores 20-novembro-2024.
- Información eleccións consello escolar 2024 (familias do alumnado).
- Información eleccións consello escolar 2024 (alumnado).
- A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado será o mércores 20-novembro-2024, de 18:10 a 19:40 h, no salón de actos.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Calendario escolar 2024-2025
- Calendario escolar 2024-2025 DOG 23-4-2024.
- Calendario escolar 2024-2025 (formato meses).
- Días non lectivos 2024-2025 (artigo 7.2 do calendario escolar) solicitados polo consello escolar á Dirección Territorial de Educación:
- Luns 4-novembro-2024. Autorizado.
- Venres 2-maio-2025. Pendente de autorizar.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lista de libros de texto curso 2024-2025
Actualizada o martes 2-xullo-2024
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CONCURSO DE XOGOS TERRORÍFICOS
Hoxe repartíronse os premios do I Concurso de Xogos Terroríficos organizado polo Club de Ciencia. O alumnado empregou os recreos da semana pasada para deseñar e elaborar xogos de mesa con temática de Samaín. A decisión foi verdadeiramente difícil, xa que o nivel das propostas foi moi elevado polo que non só queremos felicitar aos gañadores e gañadoras, senón a todo o alumnado participante, pola súa implicación, creatividade e esforzo. Pronto vos proporemos novos desafíos!
PROGRAMA DE BENESTAR EMOCIONAL
O benestar emocional está a converterse nunha ferramenta que nos axuda a descubrir os nosos sentimentos e a recuperar as prácticas sociais que favorecen a convivencia. Convivir coas nosas emocións fortalécenos e axúdanos a medrar favorecendo a autonomía persoal e social.
É importante coñecernos a nós mesmos e descubrir como actuamos en situacións de incerteza e risco e como saír reforzados ante as adversidades. Este programa axuda ao alumnado a asumir a responsabilidade que todos e todas temos se queremos acadar unha escola restaurativa e transformadora.
CONTACONTOS EN FRANCÉS
Samuel. contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de 1º da ESO.
Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir ao alumnado e amósalle dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida para o alumno.
i.
S
SAMAÍN 2024
Un ano máis preparámonos para celebrar a festa do Samaín 2024. O mércores de 12 a 12.30 a ANPA Brixeo repartirá ao alumnado boliños preñados e batidos de chocolate. Aproveitamos para darlles as grazas por contribuír a que continúe celebrándose esta tradición no noso centro.
CONCURSO DE ROBÓTICA E VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO DA DOMUS (A CORUÑA)
O alumnado de 4º ESO das materias de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía realizou hoxe unha saída á A Coruña cunha dobre finalidade: participar no XIV Taller e concurso galego de robótica e visitar o museo científico da DOMUS. Mentres que o alumnado de Tecnoloxía tivo a oportunidade de aplicar os contidos traballados sobre programación de robótica, resolvendo retos en equipo, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía puido ampliar os seus coñecementos sobre a orixe do Universo, a neuroloxía e a xenética, dun xeito activo e participativo.
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DE 2024-2025
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce desexa que este novo curso académico sexa bo e proveitoso!
PREMIOS IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
O xoves, 13 de xuño, ás 17:30 horas tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas dos concursos de SEECGalicia 2024.
Este foi o programa do acto: 1. Actuación musical do guitarrista Rubén Caneiro. 2. Intervención das persoas que presiden o acto: – Xosé Carracedo Fraga, Presidente de SEEC-Galicia. – Benedict Buono, Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC. – Elías Feijó Torres, Decano da Facultade de Filoloxía da USC. 3. Entrega de premios da XIX edición do concurso Odisea. 4. Entrega de diplomas e de premios da IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos. 5. Viño de honor.
Parabéns!!!
III CONCURSO DE ESOPÍAS
Pechamos as actividades de Dinamización Lingüística deste curso 2023/2024 entregando os premios do III Concurso de Esopías. Esta actividade foi posible grazas á colaboración do Departamento de Matemáticas e o Departamento de Lingua Galega co Departamento de Normalización Lingüística. Cinco alumnas de 2º e 3º de ESO foron as premiadas.
Noraboa a todas!!!