ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA: UVIGO
Esta charla de orientación profesional presenta a Escola de Enxenaría de minas e enerxía da universidade de Vigo (EME) que imparte dous graos universitarios únicos en Galicia e que promoven o uso de enerxías renovables e o desenvolvemento sostible. O alumnado precisa coñecer algún dos graos que se desenvolven nas universidades galegas e as súas saídas profesionais para facilitarlle a elección de futuros estudos ao rematar a etapa educativa no noso centro.
CHARLA SOBRE DOAZÓNS E TRANSPLANTES
A asociación ALCER (asociación para a loita contra as enfermidades do ril) presentou ao noso alumnado a forma de vida das persoas que sofren enfermidades que limitan a súa vida social e laboral. Destacando a importancia da prevención, a investigación e a axuda social para favorecer a integración positiva das persoas con enfermidades crónicas. É importante que o alumnado coñeza os problemas socio-sanitarios das persoas enfermas para conciencialos sobre o papel primordial da saúde física e mental para acadar unha vida plena e xusta para todos e todas.
FESTIVAL DE NADAL
O día 21 de decembro celebrouse o tradicional festival de Nadal. Nel participou alumnado de todos os niveis educativos e tamén unha representación do profesorado. Interpretáronse cancións e bailes típicos do nadal nun ambiente festivo e divertido. Co festival demos inicio ás vacacións.
TEATRO NO ALOVI
O alumnado de 3º da ESO acudiu ao cine Alovi a ver a representación da obra de teatro “Alma de tigre”, representada pola compañía elefante elegante. A obra evoca a historia dunha familia pechada nunha casa misteriosa a través de cuxas fendas se van filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.
ÁRBORE XEOMÉTRICA
O alumnado do IES Moncho Valcarce elaborou unha árbore de nadal con figuras xeométricas co fin de acercar o mundo da xeometría a toda a comunidade educativa do centro e desexarlles un bo nadal matemático.
CHARLA DE SEGURIDADE INFORMÁTICA
O día 20 de decembro o alumnado de 2º Bac da materia de TICs fixo unha charla sobre “SEGURIDADE INFORMÁTICA” dirixida ao alumnado de 1º, e 2º de ESO. A charla constaba de 2 partes, na primeira un grupo expoñía ao alumnado os resultados das enquisas que pasaron o alumnado de cada nivel e na segunda outros grupos fixeron unha presentación centrada principalmente nos perigos que presentan as redes sociais e nos consellos para facer un uso seguro delas. Ademais outros grupos elaboraron dípticos cos perigos e consellos para navegar seguros, que se entregaron a cada alumn@ participante o final das charlas.
VISITA Á ESTRELLA DE GALICIA
O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de calidade visitou o pasado 13 de decembro as instalacións que “Hijos de Rivera” (Estrella Galicia) posúe no Polígono de A Grela para coñecer de preto a súa evolución histórica (dende o nacemento da compañía ata a actualidade), a variedade de produtos comercializados e tamén o seu proceso produtivo, liña de envasado e control de calidade.
NADAL 2023-2024
Un ano máis o IES Moncho Valcarce dálle a benvida ao nadal e para elo engalanamos a entrada do noso centro dun xeito navideño para celebrar estas festas.
Bo nadal a todas e a todos!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »