REPRESENTACIÓN DE MICRO-TEATROS

 

O venres 16 de xuño os alumnos e alumnas de 1º ESO A representaron os seus traballos finais da materia de Proxecto Competencial correspondentes a MICRO-TEATROS.

Ao longo do curso desenvolvemos o proxecto “Super HEROES e VILÁNS nas PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ”.

AS BAZAS DA FP

 

Os docentes fan valer a FP e defenden os ciclos formativos como unha vía eficaz de acceso ao mercado laboral. A oferta na Comarca é amplia e diversa. No noso instsituto temos o ciclo superior de "Laboratorio de análise e de control de calidade".

 

CLUB DE CIENCIAS MONCHO VALCARCE

 

Saímos nos medios!

Hoxe martes, 13 de xuño de 2023, sae unha reportaxe no PROGRESO sobre o "Club de ciencias"

 A CHAIRA

 

ACOLLIDA ALUMNADO DE PRIMARIA

 

 Os centros educativos de A Capela, Somozas, Xermade e os centros de As Pontes, Sta. María e A Magdalena visitaron o IES Moncho Valcarce para coñecer o que será o seu centro o vindeiro curso. Foron recibidos polo equipo directivo e os membros do departamento de orientación. Alumnado voluntario de 1º de ESO déronlles a benvida con un pequeno espectáculo e puideron desfrutar de actividades de Música e do club de ciencias do centro. 

 

 

CONCURSO DE ESOPÍAS

 

 

O Departamento de Matemáticas, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega organizamos neste mes de maio o II Concurso de Esopías. Unha “esopía” é un relato, comentario ou poema, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

 

Parabéns aos e ás premiadas!!!  

 

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

 

 O pasado venres 19, o noso centro rendeulle homenaxe a Francisco Fernández del Riego, escritor escollido este ano para celebrar o Día das Letras Galegas. Nerea Fraga Villares, alumna de 4º ESO, foi a encargada de presentar o acto.

En primeiro lugar,  Martina Fraga Díaz (2º ESO A) e Mariña Paz Guerreiro (2º ESO C) explicáronnos os aspectos biográficos máis importantes de del Riego, coa lectura dun texto escrito por Érika Fernández López. A continuación, Andrea Cazás Bañobre (1º ESO B) e Alicia Fernández Arnoso (1º ESO C) leron dous textos narrativos do escritor con música de piano de fondo composta e interpretada por David Otero Souto (2º ESO C). Por último, un grupo de alumnado de 4º ESO, dirixidos pola profesora de música Estrela, interpretaron de maneira maxistral a canción das Tanxugueiras “Terra”.

Moitas grazas pola participación e a asistencia ao acto. E lembremos: cómpre sacarmos a relucir a nosa lingua os 365 días do ano!

 

ECONOMÍA: CHARLA SOBRE ORZAMENTOS MUNICIPAIS

 

O  pasado martes día 25 de abril o alumnado de Economía e Iniciación á Actividade Empresarial e emprendedora tiveron a ocasión de participar na charla impartida por Manuel Souto López, do Concello das Pontes. Ao longo do relatorio coñeceron de primeira man como se realizaron e aprobaron os últimos orzamentos municipais , así como a forma en que se realizou o seu seguimento en función dos gastos e ingresos reais. O alumnado puido expoñer as súas cuestións e propostas relativas ás contas municipais,  resultando unha actividade que lle permitiu observar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos tratados na aula. Trasladamos o noso agradecemento ao Concello das Pontes e de forma máis concreta ao Departamento de Intervención e a  Manuel  Souto López pola súa colaboración desinteresada.

 

CAMPAMENTO DEPORTIVO NO GROVE

Durante tres dias o alumnado de 3º da ESO coñeceron a entorna natural das Rias Baixas, practicando deportes coma o  surf, kayak  e tamén puideron visitar e desfrutar  das praias da zona e realizando unha xornada de convivencia nunha entorna natural. 

 

CHARLA INFORMATIVA DO IES CASTRO DA UZ

 

O instituto Castro da Uz  presentou a súa oferta de ciclos formativos de FP ao noso alumnado, facendo fincapé na modalidade  da FP dual. Tamén informou sobre o novo ciclo formativo de Mecatrónica que se impartirá o vindeiro curso. 

   A orientación académica e profesional axuda ao alumnado a tomar decisións maduras e reflexivas. Coñecer a oferta formativa da contorna facilita a elección de futuros estudos entre o alumnado       que  remata unha etapa educativa.

 

VISITA CULTURAL A SANTIAGO

 

 O pasado día 11 o alumnado de 2º de ESO fixo unha visita cultural a Santiago de Compostela. Alí percorremos as rúas da zona vella visitando a Catedral, a biblioteca da Facultade de Historia, o mosteiro de San Martiño Pinario e a alameda. Logo xantamos no parque de San Domingos de Bonaval para finalizar a nosa viaxe no Museo do Pobo Galego. Xornada intensa no que se refire a camiñar. Todo rematou con dor de pés!!!

 

Distribuir contido