MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS
Tres alumnos e máis a profesora de Física desprazáronse a Facultade de ciencias da UDC para asistir á Masterclass de física de partículas organizada polo IGFAE e UDC. Durante o día tratanse contidos sobre física de partículas impartida por doctorados e científicos que traballan en diversos proxectos dependentes do CERN , o alumnado participa dunha nunha identificación de distintas partículas ( neutrinos, positróns etc...)e durante a tarde intercambiaronse e analizaronse datos via videoconferencia en inglés con alumnado procedente doutros centros educativos ( Madrid, Irán, Atenas , Marruecos ) e investigadores do CERN.
A actividade achega o traballos de investigación actuais e punteiros no campo da Física de partículas ao alumnado de bacharelato que está a descubrir en 2ºBach os campos de física cuántica e relativista en aplicación ao estudio do universo e do mundo microscópico. Todo iso de man de investigadores , moitas veces anónimos ,pero cunha pegada social indispensable para o desenvovemento tecnolóxico ,social e económico . Recordamos así que sen ese traballo e inversión en recursos humanos e económicos non poderíamos ter , por exemplo aWWW (World Wide Web) , aplicacións tecnoloxías como PET para diagnose de algúns tipos de cancro etc...
CONCURSO ODISEA 2024
O noso alumnado do Bacharelato de Humanidades participou de novo no Concurso Odisea, organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos, na Sección galega: 315 equipos de 50 centros galegos navegaron pola red enfrontándose ás preguntas publicadas na página web do concurso os días 15, 16, 17 y 18 de xaneiro. Os nosos equipos do Moncho, “los Dióscuros” y “Los tres Olímpicos”, como modernos héroes, buscaron as respostas achegándose aos coñecementos sobre A alimentación en Grecia e Roma. Unha experiencia moi positiva: no mes de marzo Carla, Ismael, Loisla, Alejandro e Antón recibiron os premios polos seus bos resultados na clasificación local. Parabéns!
NOMEALAS PARA EXISTIREN (8 M)
Para celebrar este ano o 8 M, o Día Internacional da Muller, o Departamento de Normalización Lingüística co apoio da Biblioteca do centro e o Departamento de Galego, pretende homenaxear ás nosas mulleres coa actividade que leva por nome “ As nosas mulleres, nomealas para existiren”.
Nesta actividade, o alumnado realizou unha infografía sobre aquelas mulleres do concello das Pontes , de onte e hoxe, pioneiras por desempeñar actividades habitualmente consideradas de homes, por ser as primeiras en acceder ao mundo da cultura, por ser pioneiras en conseguir recoñecementos nos diferentes ámbitos sociais e do saber, ou simplemente por ser mostra de coraxe ante situacións adversas. Grazas ao traballo de investigación realizado polo alumnado, a quen felicitamos polo seu traballo, fomos quen de poder expoñer na entrada principal do instituto un recoñecemento a todas elas, coa súa foto, datos biográficos e logros acadados por elas.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA SOBRE A ABAU
Francisco Javier López González, profesor e asesor da universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo foi o encargado de impartir a charla dentro do programa “ A ponte entre o ensino medio e a universidade”. O alumnado recibiu información sobre como se realizan as probas de ABAU e como se fai a inscripción na universidade.Tamén realizou un percorrido virtual pola universidade de Santiago de Compostela. É necesario que o alumnado reciba información sobre os estudos superiores para que coñeza as diferentes ofertas educativas e poda tomar decisións de xeito autónomo e reflexivo.
VISITA DIDÁCTICA A LUGO: FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
O xoves 29 de febreiro un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato (Humanidades) fixeron una saída a Lugo para ver a traxedia de Sófocles “Edipo Rey", interpretada polo grupo galego Noite bohemia. Todos e todas gozaron moito do teatro clásico nunha cidade tan fermosa como Lugo (Lucus Augusti) ademáis de contemplar a muralla romana, o famoso mural de Xulio César e visitar o Museo Provincial.
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
O día 23 de febreiro o alumnado do centro levou a cabo unha homenaxe á escritora Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento. Proxectáronse vídeos feitos por elas e eles e recitaron poemas da escritora galega. Foi a nosa forma de renderlle homenaxe.
DIA DE ROSALÍA
Como cada ano, o 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, propoñemos un concurso de marcapáxinas relacionada cos poemas da autora, que estarán colgados na entrada principal do instituto durante toda a semana, e unha homenaxe no salón de actos do instituto , o venres 23. Ademais,este día entregamos os agasallos do concurso de marcapáxinas do Día de Rosalía, 2024 , que están expostas toda a semana do 23 no taboleiro da entrada do instituto. Estas actividades están organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía, e nelas pode participar todo o alumnado .
ENTREGA DE PREMIOS: DILLO COA LINGUA
Hoxe, luns 19 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a entrega de premios das cartas do concurso "Dillo coa lingua". Dámos a noraboa ás gañadoras e as grazas a todos os participantes.
FESTIVAL DO ENTROIDO
Un ano máis a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce celebrou a chegada do entroido cun festival no que actuou alumnado da ESO e profesorado. Interpretáronse e bailáronse cancións de todos os estilos e gracias á anpa “Brixeo” e ao concello degustamos orellas , freixós e chocolate.
Grazas a todos pola vosa participación.
DECORACIÓN DO ENTROIDO 2024
Un ano máis , o noso centro prepárase para recibir ás festas do Entroido. Este ano, o tema elixido como referencia é “o fondo do mar”. Para elo elaboramos este mural no que participaron os alumnos de plástica coas súas aportacións sobre o tema.
Feliz entroido a tod@s
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »