OBRADOIRO: CORRECTA SEPARACIÓN DE RESIDUOS

 

No marco do Día Mundial da Reciclaxe (17 de maio) e do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO asistiu a un obradoiro sobre a correcta separación dos residuos, impartido por unha colaboradora de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Neste taller, achegouse ao alumnado a importancia de clasificar os residuos antes de desbotalos, así e coma os diferentes colectores que teñen dispoñibles na súa contorna. Para finalizar a charla, visualizouse un breve documental sobre o uso que se lle dá á materia reciclada, transformando os residuos en enerxía.