2007-2008, Complementarias, Escolares, 2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis, Informacións diversas, 2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis, 2010-2011
Magosto
O Luns 9 de novembro celebramos o Magosto con cambio de hora previsto debido ás previsións metereolóxicas: de 11,20 a 13,10 h. Ao final non tivemos a sorte desexada e foi un Magosto pasado por auga. De calquera xeito fixéronse as actividades previstas e organizadas polo alumnado do Ciclo (tiro da corda, competecións varias, loita de gladiadores...), asado e degustación de castañas. Contamos coa presenza de alumn@s do centro Juan XXIII e os seus monitores.
Actividades de Santos
Un ano máis arredor da festividade de Todos os Santos e Difuntos desenvolvéronse distintas actividades:
- Casa do Terror, organizada polos alumnos/as do 1º curso do TAFAD e puntuable dentro da materia de Animación e Dinamización de grupos. Asistíu o alumnado da ESO dentro dun horario prestablecido (30 de outubro)
- Concurso de Caliveras-Samaín: organizada polo Departamento de Normalización e Dinamización Lca. para contribuír a conservación do noso Patrimonio Cultural. Os premiados foron: 1º premio, Cristina Gonzálewz Figueroa; 2º premio, Saray Martínez Pousada; 3º premio, Sara Martínez Martínez.
- Degustación de chulas: o alumnado de Diversificación levaron a cabo esta actividade consistente na elaboración e degustación das tradicionais chulas.
Programación de actividades para o curso 2009-2010
No documento adxunto figura o programa de actividades extraescolares e complementarias previstas para o curso 2009-2010; foi elaborado pola Vicedirección, a proposta dos distintos departamentos didácticos.
Relación de actividades
- XXV Certame de poesía María Soliño
- Excursión ás Illas Cíes
- Festival Vive a música
- Teatro lido: La zapatera prodigiosa
- Representación de O principiño
- Festival solidario
- Exposición Urbi et orbi
- Se a amuller avanza o mundo avanza
- Concerto de fin de curso de Bacharelato
- Exposición do Bacharelato de Artes
- Semana das Letras Galegas
- III Semana da Froita
- Presentación do XXV Certame de Poesía
- Simulacro de emerxencia
- Mostra de Teatro
- Entremareas 09
- Viaxe a Santiago
- Visita a Nodosa
- Deporte na escola (3ª xornada)
- Atletismo en Vigo
- Visita de internos de A Lama
- Actividade de danza
- Visita a centros de FP
- Viaxe a Londres
- Deporte na escola: MªSoliño / As Barxas
- Entroido
- Vive o monte
- Andorra
- Exposición de matemáticas
- Proxección Pradolongo
- Concerto de Nadal
- Concurso de microrrelatos
- Obradoiro de papiroflexia
- Deporte escolar
- Visita á exposición de Botero
- Visita a Santiago
- As mulleres na historia
- Adolescencia e ti
- Obradoiro de violencia nos vínculos amorosos
- Visita aos IES A Granxa e Manuel Antonio
- Charla sobre ciclismo
- Conferencia sobre antropoloxía
- Magosto
- Degustación de froita de outono
- Competicións deportivas nos recreos
- Visita a Naturnova
- Samaín
- Cine en Vigo
Actividades nos recreos
Na semana do 19 ao 24 de outubro estanse a normalizar as actividades durante os recreos. Despois das presentacións feitas na semana anterior o programa das mesmas é como segue:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
1º Recreo Fútbol sala(alumnos/as TFAD) Piano (Xulio Abalde) Coro (Elena Moure) 2º Recreo Competicións deportivas Piano (Elena Moure) Guitarra (Xulio Abalde) Parckour (Carlos Novo) |
Baloncesto, Voleibol,Tenis de mesa Baile galego (Joshuá, alumno Artes) Xadrez (Abel Quiroga) Papiroflexia (Trinidad Pérez) Piano (Elena Moure) |
1º Recreo Competicións deportivas Percusión (Xulio Abalde) Piano (Elena Moure) 2º Recreo Competicións Deportivas Piano (Xulio Abalde) Tarde (15,45-17,30) Obradoiro teatro (Pedro P. Riobó) |
Patinaxe (Mónica Lemos ) Periódico-poesía (Soledad Robleda) Taller animación (Joseba García) Malabares (Manolo Otero)
|
Badminton (Manolo Otero) Baile de Salón (Pablo Samartín) Piano (Elena Moure)
|
Datas de avaliación e de exames de pendentes
Na reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica do día 21 de xaneiro de 2011 aprobouse a modificación do calendario de avaliación e exames de materias pendentes para o curso 2010-2011. Podes consultalo no seguinte enlace.
Plan Xeral Anual do centro para o curso 2009-10
Podes ver o documento que será presentado ao Consello Escolar para a súa modificación e/ou aprobación na sesión que se celebrará o 8 de outubro.
Novas publicadas na páxina de incicio
6/09/09: Calendario de exames de setembro.
3/07/09: Entregáronse os premios do XXV Certame de Poesía María Soliño dirixido a alumnado dos centros de ensino medio de Galicia. Podes consultar a nota de prensa.
2/07/09: Alumnado de 2º de bacharelato do noso centro participa como xurado no premio de narrativa Arcebispo San Clemente que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago. Nota de prensa.
28/06/09: O venres, a partir das 10 horas terá lugar a entrega de notas da avaliación de xuño.
25/06/09: Convocouse o XXV Certame de Poesía María Soliño dirixido a alumnado dos centros de ensino medio de Galicia. Podes consultar as bases.
25/06/09: Héitor Mera presentou na UNED a súa Tese de Doutoramento sobre a figura e a obra de Bernardino Graña. Os dous pasaron no seu tempo polas aulas do María Soliño. Parabéns polo traballo e a cualificación. Podes ver a nota de prensa
14/06/09: Novo blog do centro: Bacharelato de Artes. Podes ver traballos realizados e deixar os teus comentarios.
07/06/09: O día 29, ás 20 horas, no Auditorio Municipal celebrouse o III Festival Solidario de apoio á Escola María Soliña da India, que organiza o noso centro en colaboración cos CEIP de Aldán e do Hío.
29/05/09: Continúan os exames finais de materias pendentes de cursos anteriores correspondentes a alumnado de ESO. Podes consultar o calendario.
24/05/09: O alumnado do Bacharelato de Artes realiza unha intervención artistica para mudar o aspecto da fachada do centro. Nota de prensa
24/05/09: Realizouse no instituto un simulacro de emerxencia, no que participou unha brigada de Protección Civil de Cangas, ademais da Policía Local e a Garda Civil. O exercicio serviu para comprobar que en xeral o sistema de evacuación funcionou correctamente e que é preciso tomar nota dalgúns desaxustes para corrixilos. Nota de prensa
15/05/09: Rematou a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa actuación do Obradoiro de teatro do noso centro no Auditorio Municipal de Cangas, representando a obra A deshora, de Pedro P. Riobó.
13/05/09: Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo: o xoves tivo lugar cerimonia de clausura da Mostra que comezara o venres da semana anterior. Durante os próximos días poderán verse as obras representadas no Auditorio de Cangas. Podes consultar o calendario das actuacións.
04/05/09: Exposición colectiva de obras do alumnado de 1º e 2º do Bacharelato de Artes. A exposición inaugurouse o mércores 15 de abril ás 20:00 horas na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas e permanecerá aberta ata o 30 de abril. Podes ver o cartaz e a información da prensa: Faro de Vigo
1/05/09: Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo: cerimonia de clausura da Mostra con entrega de premios do 11º Concurso de Deseño do Cartel da Mostra e do 1º premio de Teatro Breve Testeatro. A continuación un grupo de alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia realizará un obradoiro teatral.
30/04/09: Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo: programa para o mércores, 29 de abril: ás 10 o grupo Comediantes anónimos do IES Johan Carballeira presenta A illa amarela de Paloma Pedrero e ás 12 o Grupo Tróquele do IES Illa de Tambo escenifica O novo inferno de José Calvar.
28/04/09: O martes remata a segunda parte dos exames de pendentes.
28/04/09: Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo: programa para o martes, 28 de abril: ás 10 o grupo de teatro Filigrana do IES A Paralaia presenta A avoa Sol e as Trece Rosas de Maxi de Diego e ás 12 o grupo Faise escuro do IES de Rodeira escenifica Gilipollas! Somos ou estamos? Gilipollas, sobre textos de Jacobo Paz, Rodrigo García, Luís Araujo e Angélica Liddel
27/04/09: Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo: programa para o luns, 27 de abril: ás 10 o grupo de teatro do IES As Barxas presenta Os noivos da torre Eiffel de Jean Cocteau e ás 12 o grupo de teatro do Colexio Eduardo Pondal escenifica As vodas de Fígaro, de C. de Beaumarchais
24/04/09: O venres, día 24, ás 10 horas comeza a XIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo, coa actuación do Obradoiro de Teatro María Soliño que porá en escena a obra A deshora de Pedro Pablo Riobó. Ás 12,20 o Teatro da Réplika, do IES de Rodeira representará A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos de Gloria Suárez e Miguel Vázquez Freire.
16/04/09: O alumnado do Ciclo Formativo TSAAFD organiza a Festa Escolar do Badminton, que se celebrará o sábado 21 de marzo, no pavillón, entre as 10 e as 18 horas
26/03/2009: Entregado o premio do concurso para a elaboración dunha figura representativa do centro á alumna de Artes Iria Rivas
26/03/2009: Resolución do xurado do Premio de textos teatrais Testeatro. Información na prensa
26/03/2009: Resolución do xurado do Certame de carteis para a Mostra de Teatro. Primeiro premio da categoría B.
18/03/2009: Resolución do Certame de cartas de amor convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Podes ver os traballos premiados
18/03/2009: Recomendamos a lectura e participación nos novos blogs elaborados por alumnado e profesorado do Instituto: Xiros-Altazor, redactado na materia de Literaturas Hispánicas, e Alteraliaclassica, confeccionado polo departamento de Latín
06/03/2009: O noso centro organiza este curso a XIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Con ese motivo convócanse o 11º Concurso para o Deseño dun Cartel para a mostra e o 1º Premio de Teatro Breve Testeatro.
18/02/2009: O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística convoca un certame de Cartas de Amor con motivo do día de San Valentín e un concurso para o deseño da portada da revista Arando Cedo
22/01/2009: Continúan esta semana os exames de materias pendentes. Podes ver o calendario no apartado "Xefatura de estudos", do menú "O centro".
20/01/2009: Ültimo día para presentar traballos ao concurso píblico para o deseño dunha figura en cerámica que represente a idea do instituto ou a nosa concepción do ensino. Podes ver as bases.
Nota: as datas indican o momento en que a nova foi retirada da páxina principal
VIVE A MÚSICA
Por segundo ano consecutivo e como peche de curso, o día 23 celebramos "Vive a música". A partir das 11,00 h. o salón de actos converteuse nunha eclosión de son. O alumnado de 3º A da ESO principiou a actividade cunha sesión de percusión. Seguiron Farinha Trigha, coa súa música Folc-Rock-Bravú; un grupo de gaitas de alumnos/as con música popular; Mother Skull e o seu estilo metal. A continuación, piano, trompa e guitarra pasaron polo escenario da man de Elsa, Wilko, Nerea, Faustino, Juan, Claudia e a profesora Elena. No intermedio fíxose entrega dos premios de Poesía María Soliño, do que damos conta noutro evento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »