2007-2008, Complementarias, Escolares, 2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis, Informacións diversas, 2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis, 2010-2011
XXV CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO
Na primavera do ano 1984 o noso Instituto convocou o I Certame de Poesía María Soliño. A partir dese momento sabemos que en moitos institutos de Galiza, moitos e moitas adolescentes esperaron, cada primavera, o anuncio desta convocatoria. E desde aquela ata hoxe, 15 de maio, no que convocamos o XXV Certame de Poesía María Soliño. Animádevos a participar e consultade as bases da convocatoria no seguinte enderezo.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Organizáronse diversos eventos para conmemorar o Día das Letras Galegas:
- O venres 15, ao longo de toda a mañá, o alumnado participou nunha lectura continua: os de 4º da ESO e 1º de Bacharelato leron A esmorga de Blanco Amor; os de 1º, 2º e 3º da ESO Made in Galicia de Sechu Sende. Estas lecturas tiveron lugar na Biblioteca, Salón de actos e Ágora.
- Inaugurouse na Ágora unha exposición sobre Literatura Universal en galego, "Unha ventá aberta ao mundo".
- Iniciouse o concurso "Letras galegas 2009": alumnado, profesorado e persoal non docente teñen que adiviñar o autor dos textos que figuran dentro das letras que están no chan da Ágora anunciando a celebración. Haberá un sorteo de libros entre os gañadores.
- O martes 26 os alumnos/as de 1º de bacharelato participan nunha charla-coloquio sobre a figura de Ramón Piñeiro impartida polo profesor de filosofía Xosé Manuel Castro. Na ágora realizouse a exposión dos paneis sobre a vida e obra do escritor homenaxeado.
CHARLA-COLOQUIO FONTES DE ENERXÍA
O 27 de abril alumnos/as do bacharelato de Ciencias de 1º e 2º de bacharelato asistiron a unha charla-coloquio sobre as distintas fontes de enerxía tanto renovábeis como non renovábeis e os eu uso a nivel galego, estatal e europeo. Xirou arredor dos pros e contras da cada unha delas e a súa repercusión nun futuro inmediato. Organizada polo departamento de Ciencias Naturais, o alumnado amosou grande interese nesta actividade no segundo ano da súa programación.
PROGRAMA ENTREMAREAS
O 22 de abril o alumnado de 1º da ESO, acompañadas das respectivas tutoras, participaron no Programa Entremareas. Desprazáronse ata o Grove onde se embarcaron no catamarán de visión submarina para poder observar o fondo mariño. Achegáronse tamán a unha batea onde se lles explicou o proceso do cultivo do mexilón. Máis tarde foron ao AcquariumGalicia onde lles amosaron a fauna mariña. Puideron gozar da presenza dunha foca que estaba recuperándose. De seguido participaron nun obradoiro sobre aves e mamíferos mariños. Pola tarde fixeron un percorrido por Combarro onde comprobaron a convivencia do mundo mariñeiro co agrícola e a importancia na actualidade da actividade turística.
VISITA A MADRID
Do 21 ao 23 de abril alumnos/as de 2º de Artes (Fundamentos do Deseño) desprazáronse a Madrid co profesor Alberto Pena. Neses poucos días visitaron no Museo Nacional Centro de Arte "Reina Sofía" a colección permanente e os novos espazos proxectados por Jean Nouvel; no Museo do Prado a súa colección e os novos espazos diseñados por Rafael Moneo; a exposición "Dominique Perrault. Arquitecto" na fundación ICO e os edificios CAIXAFORUM, Invernadeiro de Atocha, Igrexa semiderrubada de Lavapiés convertida en biblioteca... Houbo tempo para recorrer as rúas madrileñas. A visita foi valorada moi positivamente polos alumnos/as e o profesor, recomendando a súa repetición en vindeiros cursos.
VISITA AO INSTITUO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS-VIGO
Alumnos/as de 2º D de bacharelato realizaron unha visita ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo . Amosoúselles, primeiramente, nunha presentación a historia do centro e da incorporación da muller á investigación. En determinados departamentos observaron os traballos de investigación. resistencia das barbas de mexilón ás cordas dependendo da intensidade das correntes mariñas e do seu propio peso; a influencia dos cambios atmosféricos na conservación e transporte do peixe; cambios ambientais para evitar o deterioro dos produtos mantendo ao mesmo tempo as condicións de frescura e sabor; prevención de enfermidades en invertebrados. Finalmente nun laboratorio observaron avanzados aparatos de medida.
DANZA CONTEMPORÁNEA
O 21 de marzo o Centro Coreográfico Galego actuou no Auditorio de Cangas representando Giseliña. Unha das súas compoñentes achegouse ata o noso centro a impartir un cursiño de iniciación á Danza Contemporánea no que tomou parte o alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas. Realizaron exercicios varios de expresión corporal, así como diversos pasos básicos de danza. Esta actividade foi valorada de xeito moi positivo polos alumnos/as.
VISITA A NODOSA
Os alumnos/as de Tecnoloxía Industrial de 1º D de bach., na compaña da súa profesora, realizaron unha visita a Nodosa, na procura de información sobre a construción de barcos de aceiro, o seu proceso de produción, incluso a concepción mesma do proxecto a través das diversas fases de elaboración diseñadas desde a oficina técnica.
De xeito práctico fixeron un seguimento nos talleres de todo o proceso levado a cabo con máquinas CNC: corte de pranchas mediante oxicorte e plasma, realización das diversas pezas e o seu encaixe posterior, soldadura e montaxe. Esta técnica aplícase por parte de Nodosa aos barcos de pesca, barcos de recreo e pasaxe, remolcadores, etc. Para máis información www.nodosa.com
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »