2007-2008, Complementarias, Escolares, 2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis, Informacións diversas, 2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis, 2010-2011

Programa Comenius en Konya

Do 3 ao 7 de febreiro as profesoras do centro Rosa Cabada e Isabel Armesto desprazáronse a cidade turca de Konya para participar nunha visita preparatoria do Programa Comenius. Foron días de traballo, intercambio cultural e convivencia co profesorado da Enderun Secondary School de Konya e nos que as dúas profesoras tiveron a oportunidade de coñecer directamente o funcionamento das institucións e dos centros educativos. Realizaron tamén visitas para achegarse ao seu patrimonio cultural (etnografía, arqueoloxía, gastronomía, etc). Resaltaron, sobre todo, a hospitalidade e o interese pola comunicacion e relacións humanas.

Visita a Sotavento

 

Sotavento é unha empresa situada na Serra da Loba entre as provincias de Lugo e A Coruña, concretamente entre os concellos de Monfero e Xermade. Aquí está o parque eólico experimental de Sotavento, composto por 24 muíños tripala brancos, grises e azuis; as cores da pintura teñen a finalidade de fundilos coas distintas tonalidades do ceo. Neste parque trabállase con diversas empresas para despois comparar os resultados e saber cal é a máis eficiente.

Teñen tamén outros experimentos activos, como por exemplo unha casa bioclimática. Esta é única en España. En que consiste? Pois nunha casa ecolóxica con instalacións solares propias, sistemas de calefacción ecolóxicos e electrodomésticos de clase A. Esta vivenda está controlada polo sistema coñecido como “domótica”, isto é o control de todos os aparellos da casa a través dun PDA. Deste xeito pódense automatizar todos os mecanismos da casa conseguindo así o ambiente desexado. Esta casa tamén está orientada cara ao sur aproveitando a calor e a luz do sol.

Na excursión pasámolo ben, concienciáronnos para que pouco a pouco vaiamos facendo das nosas casas unhas vivendas máis ecolóxicas, pois é escandalosa a cantidade de millóns anuais que se gastan en electricidade. Aprendemos moito acerca de todas as enerxías renovables (solar, xeotérmica, biomasa...)

Por último fixemos un xogo parecido á oca con preguntas sobre todo o que aprendemos e disfrutamos tamén dun bo chocolate solar quente.

Rodrigo Graña

Exposición do Bacharelato de Artes

O venres 10 de abril inaugurouse no Auditorio a IX exposición de traballos do alumndo de bacharelato de artes. Unha exposición colectiva onde 26 alumnos/as, con estilos ben diferenciados, amosa o seu saber e creatividade. Imaxes.

Visita a Citroên e Museo do Mar

O 24 de febreiro o alumnado de 4º da ESO visitou  de mañá as instalacións de Citroên en Vigo. Acompañados dun guía observaron o proceso de fabricación e montaxe de automóbiles, profundizando nos coñecementos adquiridos na materia de Tecnoloxía nos bloques temáticos de robótica. Relacionouse ademais esta situación co que supuxo a Revolución Industrial (CC. Sociais) e o tecido industrial do seu entorno.

De tarde completouse a actividade coa visita ao Museo do Mar que consistíu na visita as instalacións do mesmo así como á charla-exposición "Darwin navegando na Beagle".

Entroido

Un ano máis celebramos no centro o Entroido o 12 de febreiro, que coincidiu co reparto de caraveis do San Valentín. Comezou a xornada co conxunto de percusión de 1º de bacharelato que percorreu o centro invitando a profesorado e alumnado a participar en diversas actividades: karaoke, movetechou, desfile e concurso de disfraces e comparsas, baile amenizado polo grupo de gaiteiros e gaiteiras. Cunha alta participacióngozamos dunha actividade de moita incidencias nas localidades de procedencia dos nosos alumnos/as.

Na nosa festa tamén tomaron parte  alumnos/as e monitores do Juan XXIII.

Teatro en inglés

Como cada ano, e formando parte da programación do seminario de inglés, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistíu no Auditorio a unha representación de teatro en inglés "Z Factor". Deste xeito achegáronse ao idioma estranxeiro dunha forma amena e cultural á vez. Segundo eles foi unha obra moi divertida e de fácil comprensión e así o demostraron coas súa gargalladas. 

Esta actividade tivo lugar o 3 de febreiro de 2010. 

Intercambio Schio

Do 3 ao 10 de marzo recibimos no centro aos alumnos do Liceo "Giacomo Zanella" cos que compartiramos unhas xornadas inesquecibles no mes de febreiro en Italia. Ademais da visita ao centro durante varios días nos que participaron en diversas aulas e noutro tipo de actividades , tiveron a oportuninade de coñecer a Casa do Concello, o mercado do venres e facer un pequeno periplo pola lonxa de Bueu así como subir ao Monte do Facho e contemplar as maravillosas vistas desde este enclave. Tiveron tamén o sábado 6 de marzo un achegamento á cidade de Vigo en barco: o seu porto pesqueiro, casco vello, o Castro e un percorrido polas principais rúas comerciais.

O luns seguinte, acompañados polas profesoras do centro Isabel Calles e Mª. Xesús Moreira, visitaron Santiago de Compostela, facendo un recorrido polo patrimonio històrico da súa Universidade. De volta parada obrigada na capital da provincia, Pontevedra, para contemplar o seu casco histórico. Aproveitando a súa partida desde Porto fixeron unha visita a esta fermosa cidade acompañados polos profesores Ismael Vide e Pedro Pablo Riobó xunto co outro grupo de estudantes e profesores que estaban de intercambio no IES Francisco Sánchez de Tui.

Fugit irreparabile tempus. O tempo pasou voando. Mágoa! 

Saída didáctica Ás Pontes e Ao Ferrol

Alumnos/as de  2º B, C, D de bacharelato realizaron unha actividade, o pasado 3 de febreiro, programada polos Departamentos de Tecnoloxía e CC. Sociais, baixo a tutela dos profesores Sela Ares e Ismael Vide. Pretendíase entre outros os seguintes obxectivos: coñecer o funcionamento técnico dunha central térmica tradicional, analizar os efectos do seu funcionamento sobre o medio ambiente, explicar aspectos do sector enerxético na economía de Galicia e España, experimentar sobre as distintas partes da estrutura urbana de Ferrol, diferenciar as formas de organizar o plano urbano, comprobar a evolución histórica do fenómeno urbano.

O alumnos/as traballaron sobre dúas unidades didácticas baseadas respectivamente sobre a central térmica e o percorrido urbano de Ferrol. Esta positiva experiencia está enmarcada na programación didáctica dos respectivos departamentos e para a súa avaliación global. 

Visita a Santiago

O pasado día 3 de febreiro o alumnado de 2º da ESO realizou unha visita a Santiago de carácter interdisciplinar, programada polos Departamentos de Tecnoloxía e CC. Sociais. En primeiro lugar achegáronse os alumnos/as ata "Galicia Dixital" e "o Museo do Azibeche". Posteriormente traballaron unha ficha didáctica no interior da contorna da catedral para analizar a construción medieval e o urbanismo barroco. O alumnado e o profesorado calificaron de moi positivo o desprazamento.

Exposición literatura infantil

Esta exposición de libros de literatura infantil, que se mantivo durante mes de decembro, constitúe un primeiro chanzo dun proxecto de visibilización do libro galego, ao longo de todo o curso. Neste caso o interese é dobre, dada a calidade da ilustración e edición, recoñecida internacionalmente, do libro infantil galego, moi especialmente para o alumnado do bacharelato artístico.

Distribuir contido